Arón
(Redirección desde «Aharón»)
Este artigo trata sobre o personaxe bíblico. Para o antropónimo véxase: Aarón (antroponimia).
Arón[1], ás veces tamén Aarón[1] ou Aharón[1], (hebreo: אהרן), foi un personaxe bíblico.

Traxectoria editar
Nado en Exipto, era o fillo máis vello de Amram e Ioquébed e irmán máis vello de Moisés. Casou con Elixeba, con quen tivo catro fillos: Nadab, Abihú, Itamar e Elazar. Segundo a tradición foi o primeiro Gran Sacerdote (levita) de Israel por elección divina xunto cos seus fillos. Actuou como voceiro de Moisés, por ser de verba fácil, aínda que mentres Moisés recibía as Táboas da Lei, Aharón fabricou o becerro de ouro a petición do pobo hebreo.
Morreu na Montaña de Deus (Horeb) á idade de 123 anos (Éx. 4:27), sen chegar á Terra prometida.
No Corán aparece baixo a forma de Harún.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arón |
Bibliografía editar
- "Aarón ou Arón". Diciopedia do século 21 1. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 17.
Primeiro sumo sacerdote do pobo hebreo...
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-11-05.