Muros
Coordenadas: 42°46′28″N 9°03′27″O / 42.774444444444, -9.0575
Muros é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Muros. Está situado no extremo norte da ría de Muros e Noia, a máis setentrional das rías Baixas.
Muros | |
---|---|
![]() Porto de Muros. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | muradán/muradá |
Xeografía | |
Provincia | Provincia da Coruña |
Comarca | Comarca de Muros |
Poboación | 8.365 hab. (2022)[2][3] |
Área | 72,9 km²[3] |
Densidade | 114,75 hab./km² |
Entidades de poboación | 8 parroquias[4] |
Capital do concello | Muros |
Política (2019[5]) | |
Alcaldesa | María Lago Lestón (BNG) |
Concelleiros | BNG: 4 PPdeG: 5 PSdeG-PSOE: 3 Outros: MC: 1 |
Eleccións municipais en Muros | |
Uso do galego[6] (2011) | |
Galegofalantes | 76,77% |
Na rede | |
www.muros.gal | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Segundo o IGE no 2014 tiña unha poboación de 9.117 habitantes (9.787 no 2009, 9.999 no 2006, 9.995 no 2005, 10.050 no 2004, 10.095 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é muradá para o feminino ou muradán para o masculino.
Poboación Editar
Censo Total (Habitantes) | 9.117 (2014) |
Menores de 15 anos | 956 (10.48 %) |
Entre 15 e 64 anos | 5.561 (60.99 %) |
Maiores de 65 anos | 2.600 (28.52 %) |

Evolución da poboación de Muros Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 |
9.130 | 10.282 | 11.155 | 12.302 | 10.050 | 9.787 | 9.565 | 9.437 | {{{13}}} | {{{14}}} | {{{15}}} | {{{16}}} | {{{17}}} | ||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Clima Editar
O clima de Muros é propio do dominio oceánico hiperhúmedo aínda que, debido á orientación ó sur dominante e á protección dos ventos polas serras que o delimitan, permite a suavidade de certos trazos climáticos. A concentración de precipitacións no outono-inverno e o descenso no verán é patente, tanto que incluso nalgún se chega a falar de aridez estival e déficit hídrico, vinculado á dificultade de reter a auga por parte do substrato areoso.
Historia Editar
Na zona atopáronse restos prehistóricos, como os petróglifos de Louro e Serres, así como castros da época castrexa e calzadas do período da romanización.
No século XIII o rei Sancho IV de Castela mandou repoboar a zona entre O Ézaro e Ponte Nafonso, nomeando a zona como Póboa de Muro. A primeira localización correspondíase coa parte sur do actual. En 1298 Fernando IV doa esta vila á mitra compostelá, desaparecendo do seu escudo o castelo e o león (símbolos dos reis de Castela) e pasando a figurar nel dúas vieiras, que representan a igrexa compostelá. A mediados do século XV o rei Xoán II de Castela habilitou o porto da vila para exportar e importar mercadorías.
A vila foi gañando importancia co tempo, e en 1520 foi amurallada. A construción, de entre 3 e 4 m de grosor e até 7 de altura, dividía a poboación en dous barrios perfectamente delimitados: A Cerca e A Axesta. A porta principal de acceso era a Porta da Vila, flanqueada por dúas poderosas torres defensivas, estaba situada preto da actual Casa Consistorial, A muralla tiña outras dúas portas e dezaoito torres ameadas de até 11 m de altura. Tamén en 1520 Alonso III de Fonseca mandou construír o forte de Monte Louro para defenderse dos ataques dos piratas. En 1543 tivo lugar a batalla de Muros, na que a Armada Española, mandada polo almirante Álvaro de Bazán, o Vello, derrotou a escuadra francesa. Nesa época o goberno local reuníase no adro da igrexa de San Pedro. A finais do século XVI o marqués de Cerralbo construíu un castelo nas inmediacións da vella lonxa, que no século XVIII chegou a contar con 12 canóns.
En marzo de 1809, no marco da Guerra da Independencia, a vila foi destruída polas tropas napoleónicas en tan só doce horas. Amais dos danos humanos e materiais (190 casas destruídas), queimouse o Arquivo Municipal, o que supuxo a perda da maioría da documentación histórica. No século XIX chegaron á vila empresarios cataláns, que crearon máis de 30 fábricas de salgadura, principalmente de sardiña e arenque. Xunto cos estaleiros, isto marcou a vida laboral e a fisionomía da vila.
A comezos do século XX a vila foi visitada por María Cristina de Habsburgo-Lorena, raíña nai de Afonso XIII. A nobre estivo varios días hospedada co seu séquito.
En Muros publicáronse os periódicos El Pueblo Muradano, La Liga de Amigos e La Integridad Muradana.
En maio de 1970 a vila foi declarada conxunto histórico-artístico, sendo definida como «Vila mariñeira que conserva os seus valores ambientais, típicos e pintorescos, ó lado da severa grandeza monumental de góticos palacios e templos como o da antiga Colexiata e o Santuario da Virxe do Camiño».
Muros na literatura popular Editar
- Eu fun a Muros pescar,/ pescar unha muradana,/ e si a pesquei fixen ben/ dormir con ela na cama [7].
- Heime de casar en Louro,/ casar con unha loiriña,/ Nosa Señora de Louro/ ha sere a miña madriña [8].
- Heime de casar no Louro,/ no Louro cunha louriña,/ Nosa Señora de Louro/ ten que ser miña madriña [9].
- Indo polo mar embaixo/ o aire rifoume a vela:/ nosa Señora da Creba/ deume o pano para ela [10].
- Os de Noia son borrachos,/ os de Muros aloqueiros,/ os de Fisterra son mouros,/ e os do Son sonche bucheiros [11].
- Os de Noia son bos mozos,/ os de Muros baloqueiros,/ os de Fisterra son negros,/ e os do Son son mariñeiros [12].
- Quen me dera estar na Creba/ e na Creba haber un piño,/ para ver o que se pasa/ esta noite en Portosiño [13].
- Santo Cristo de Fisterra,/ ten unha pistola de ouro/ para matar os do Son/ por riba do Monte Louro [14].
- Si todo o mar fora leite/ e Monte Louro boroa,/ xa terían que comer/ os tramalleiros de Boa [15][16].
Galería de imaxes Editar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Muros.
-
Casa do concello
-
Ría de Muros e Noia, probablemente desde Abelleira, Muros
-
Monte Louro dende Arnela, Baroña
-
Muíño de mareas de Pozo de Cachón
-
Capela de San Roque
-
Lavadoiro
Parroquias Editar
Lugares de Muros Editar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Muros vexa: Lugares de Muros.
Notas Editar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Muros".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Resultados eleccións 2019
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ Álvaro das Casas (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós 95, 15.11.1931, 217. No texto: á Muros.
- ↑ Álvaro das Casas (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós 95, 15.11.1931, 217. No texto: Héime. Santiago de Louro é unha parroquia do concello de Muros.
- ↑ Fermín Bouza Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 168. No texto: c-unha.
- ↑ Álvaro das Casas (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós 94, 15.10.1931, 193. No texto: pol-o, rifóume, díume.
- ↑ ANÓNIMO (1968): Cantigas do viño. Ed. Castrelos, Vigo (Col. O Moucho 6). Aloque ou aloqueiro significan pantano, lameira, e, por extensión, atranco, dificultade, compromiso. Bucheiro pode significar barrigán, tripón; ou pescador de bucheiros, nome local dos muxos.
- ↑ Álvaro das Casas (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós 94, 15.10.1931, 192. No texto: bós. Segundo Eladio Rodríguez, chámase baloqueiro á persoa moi aficionada ás balocas (castañas ou patacas) cocidas.
- ↑ A illa da Creba pertence a Muros pero está fronte por fronte a Portosín (lugar de Porto do Son). Álvaro das Casas (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós 94, 15.10.1931, 192.
- ↑ Fermín Bouza Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 184. No texto: ôs do Son.
- ↑ Boa é a parroquia máis occidental do concello coruñés de Noia, lindando con Porto do Son. Tramalleiros son os que pescan ó tramallo, unha arte de pesca formada por tres redes superpostas. Álvaro das Casas (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós 94, 15.10.1931, 192; no texto: Montelouro,
- ↑ Lino Lema Bouzas (compilador): Ditos e cantigas mariñeiras. I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993, 15.
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Muros |
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |