Álvaro das Casas
Álvaro María Casas Blanco, nado en Ourense o 2 de xullo de 1901 e finado en Barcelona o 8 de marzo de 1950, foi un dinamizador cultural e escritor, en galego e castelán, de poesía, novela, ensaio e, fundamentalmente, de obras de teatro. Asinou as súas publicacións como Álvaro de las Casas.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de xullo de 1901 Ourense, España |
Morte | 8 de marzo de 1950 (48 anos) Barcelona, España |
Lugar de sepultura | Sabucedo de Montes |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Valladolid |
Actividade | |
Ocupación | político , profesor universitario |
Partido político | Partido Galeguista |
Membro de | |
Xénero artístico | Poesía |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Familia | |
Irmáns | Augusto Casas |
Traxectoria
editarEn Ourense cursou os seus estudos básicos e de bacharelato, e trasladouse a Valladolid para cursar a carreira de Filosofía e Letras. Doutorouse en Ciencias Históricas e Xeográficas, feito que talvez inflúa na proposta de teatro histórico deste autor. En 1928, mentres residía en Madrid, nomeárono membro correspondente da Real Academia Galega.
Exerceu de catedrático e director do Instituto local de Noia, onde fundou os primeiros grupos Ultreya. Foi escritor dramático de renome e tradutor de obras de autores portugueses, alén de militante do Partido Galeguista e membro do Instituto Histórico do Minho. No ano 1933, despois dunha longa polémica co Partido Galeguista, funda a Vangarda Nazonalista Galega. Precisamente nunha comunicación feita ao Instituto Histórico do Minho, en que fala do teatro de Galiza, publica a súa proposta de teatro galego. Na súa opinión, debería ser poético, de temática histórica e representábel en calquera punto de Galiza. Todos estes trazos áchanse na súa obra A Morte de Lord Sataüler (1929), onde demostra Álvaro das Casas que o arriba dito pode ser levado á práctica. Dirixiu a revista Alento (1934-1935).
En 1936, con motivo da guerra civil, cae na obriga de se exiliar a Buenos Aires. Alí fundou en 1939 canda a Mariano Medina del Río o proxecto Emecé Editores[1].
En 1950 regresou a España. Asentouse en Barcelona, onde morreu o 8 de marzo dese mesmo ano. Foi soterrado en Sabucedo de Montes (Cartelle).[2]
Foi irmán do tamén escritor Augusto Casas.
Recoñecemento
editarA Asociación Álvaro das Casas leva o seu nome[3].
Obra
editarÁlvaro das Casas foi principalmente un autor dramático, o cal non lle impediu cultivar timidamente outros xéneros. A súa traxectoria como escritor está composta polas seguintes obras:
Teatro
editar- O xardín do Castelo de Vidre (1926). Colección Lar.
- A morte de Lord Sataüler (1929).
- Pancho de Rábade. Via Crucis en Seis Estaciós (1931).
- O Tolo da Lastra (contido en Tres Conversas, 1930).
- A Gavilla (contido en Tres Conversas, 1930).
- Dente de Ouro (contido en Tres Conversas, 1930).
- O Outro (1930).[4]
- Mátria (1935).
- Teatro dos Nenos (1936).
- Rechouchío (1936).
- Mitin (1936).
- Obra dramática (2022). Vigo: Galaxia. 306 páxs. ISBN 978-84-9151-778-8. 16 pezas. Prólogo de Manuel F. Vieites.
Poesía
editarProsa
editarEnsaio
editar- A Illa de Ons (1932, Nós).
- Verbas aos Mozos Galegos (1933).
Galería de imaxes
editar-
O xardín do castelo de Vidre
-
Ladaíña.
-
O outro.[4]
Notas
editar- ↑ Fuster García, F. (2016). "La edición iberoamericana (México y Argentina, siglo XX)". Cuadernos Hispanoamericanos (en castelán) (798): 91.
- ↑ Xabier Limia de Gardón (16 de marzo de 2020). "Álvaro de las Casas, escritor e poeta". La Región.
- ↑ "Asociación Álvaro das Casas | Galeguizar Galicia". Consultado o 2021-12-07.
- ↑ 4,0 4,1 Con ilustracións de Cándido Fernández Mazas.
- ↑ Casares Mouriño, Carlos, ed. (1990). Antoloxía da novela curta. Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-746-5.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Álvaro das Casas |
Bibliografía
editar- Abeijón Núñez, Francisco (2001). Álvaro de las Casas. Vida e obra. Noia: Editorial Toxosoutos. ISBN 84-95622-22-X.
- Alonso Montero, Xesús (2006). Os escritores galegos ante a guerra civil española. Galaxia. ISBN 978-84-8288-979-5.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) I. Bibliófilos Gallegos. p. 242.
- Diégez Cequiel, Uxío-Breogán (2003). Álvaro de las Casas. Biografía, documentos e epistolario. Galaxia. ISBN 84-8288-633-9.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 83. ISBN 84-7492-465-0.