El Pueblo Muradano

El Pueblo Muradano foi un periódico editado en Muros entre 1902 e 1906.

El Pueblo Muradano
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Apareceu o 3 de novembro de 1902. Inicialmente non tiña subtítulo, pero a partir do segundo ano subtitulouse Periódico quincenal. Entre os seus colaboradores figuraron Paulino Lago González, José Ignacio Novo e Atanasio López.[1] Ademais de novas da comarca, publicaba contos e poesía en castelán. O seu número 18, aparecido o 29 de xuño de 1903, foi un Número extraordinario dedicado a nuestros paisanos de América, no que apareceu un longo poema dedicado "A Muros" de Francisco Tettamancy. Aínda se publicaba en xuño de 1906.[2]

Notas editar

  1. El Eco Franciscano, 15-10-1912, p. 128.
  2. Nova Galicia, 24-6-1906, p. 1.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar