Atanasio López Fernández

historiador e relixioso franciscano español

Atanasio López-Ordóñez y Fernández, O.F.M., nado en Boñar (provincia de León) o 12 de outubro de 1876[1] e finado en Santiago de Compostela o 1 de marzo de 1944, foi un relixioso franciscano, historiador, cronista xeral da provincia de Santiago, prolífico escritor e membro numerario da Real Academia Galega.

Modelo:BiografíaAtanasio López Fernández

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de outubro de 1876 Editar o valor en Wikidata
Boñar, España Editar o valor en Wikidata
Mortemarzo de 1944 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor en Wikidata
Membro de
Orde relixiosaOrdes franciscanas Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Editar o valor en Wikidata
BNE: XX972949 BUSC: lopez-atanasio-1876-1944

Traxectoria

editar

Tomou o hábito franciscano en Compostela en 1891, e ordenouse sacerdote en 1899. Dirixiu El Eco Franciscano en 1904 a 1905, ano no que foi destinado a Quaracchi, Florencia. Colaborou no Archivum Franciscanum Historicum (1908) e na Revista de Estudios Franciscanos.[2] En 1915 foi nomeado correspondente da Real Academia da Historia. Foi membro de honra da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago. De 1920 a 1931 dirixiu a publicación madrileña Archivo Ibero-Americano.[3] Publicou dous traballos en galego na revista Logos: "Conventos de Santa Clara de Pontevedra" e "Documentos galegos medievais".[4]

A proposta de Narciso Correal, Manuel Banet e Ramón de Artaza Malvárez, ingresou na RAG o 27 de xullo de 1941, canda outros académicos que o fixeron o mesmo día, dezanove en total.[5]

Lino Gómez Canedo foi o seu discípulo.

  • Viaje de San Francisco a España, 1914.
  • La provincia de España de los frailes menores, 1915.
  • Estudios crítico-históricos de Galicia: conferencias leídas en el Círculo de la Juventud Antoniana de Santiago, 1916.
  • "La literatura crítico-histórica y el trovador Juan Rodríguez de la Cámara o del Padrón", 1918, conferencia.
  • Memoria histórica de los Obispos de Marruecos desde el siglo XIII, 1920.
  • San Buenaventura en la bibliografía española, 1921.
  • "El Vicariato Apostólico español de Marruecos aclaraciones necesarias", 1921.
  • Los falsos cronicones en la historia de Galicia, 1923.
  • Descripción de los manuscritos franciscanos existentes en la biblioteca provincial de Toledo, 1926.
  • Confesores de la familia real de Aragón, 1929.
  • La imprenta en Galicia. Siglos XV-XVIII, premiado en 1943 pola Biblioteca Nacional de España, editado en 1953.
  • Nuevos estudios crítico-históricos acerca de Galicia, 1947, con introdución e notas de Lino Gómez Canedo.
  1. A GEG indica que naceu en novembro e Couceiro, del Riego e a RAG que foi o 12 de outubro.
  2. Enciclopedia Galega Universal.
  3. Couceiro Freijomil, A. (1952). "LÓPEZ FERNÁNDEZ, Atanasio". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) II. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 312-315. 
  4. Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 636. ISBN 84-7492-465-0. 
  5. Membros de número. RAG

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar