Lino Gómez Canedo

sacerdote e escritor galego

Lino Gómez Canedo, nado en San Xulián de Coiro (A Laracha) o 24 de xuño de 1908 e finado en Cidade de México o 24 de decembro de 1990, foi un sacerdote católico galego.

Lino Gómez Canedo
Nacemento24 de xuño de 1908
Lugar de nacementoCoiro
Falecemento24 de decembro de 1990
Lugar de falecementoCidade de México
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónfrade, escritor, historiador e sacerdote católico
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Fillo de labregos, vestiu o hábito franciscano no convento de San Diego de Canedo (Ponteareas) en agosto de 1923 e máis tarde estudou filosofía no convento da Nosa Señora de Vistahermosa (Ourense) e teoloxía no convento de San Francisco do Val de Deus de Santiago de Compostela, onde profesou o 25 de xuño de 1929 e foi ordenado sacerdote en xuño de 1931.

Desde a súa época de estudante naceu nel a vocación de historiador, disciplina na que entraría baixo a orientación de frei Atanasio López Fernández. En 1933 viaxou para estudar en Roma onde se licenciou en Historia Eclesiástica en 1937, o que lle serviu para se incorporar á Academia Americana da Historia, con sede en Washington, onde traballou durante varias décadas[1].

O padre Gómez Canedo foi un incansable home de letras e de palabras conferenciantes que, ao compás dos seus quefaceres clericais, empregou toda a súa vida para furgar en cartafoles eclesiástico-historiográficos de diversas bibliotecas e institucións culturais de Galicia e dos continentes americano e asiático, deixando un legado histórico de gran valor documental.

Notas Editar

  1. Gran Enciclopedia Gallega tomo 16 páx.69

Véxase tamén Editar

Bibliografía Editar

Ligazóns externas Editar