Serres, Muros
San Xoán de Serres é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Muros. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 2.088 habitantes (1.091 mulleres e 997 homes) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.494 habitantes.
Serres | |
---|---|
Vista xeral. | |
Concello | Muros[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°47′21″N 9°04′14″O / 42.78916667, -9.07055556Coordenadas: 42°47′21″N 9°04′14″O / 42.78916667, -9.07055556 |
Poboación | 2.088 hab. (2013) |
Entidades de poboación | 13[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Patrimonio
editarA igrexa parroquial de San Xoán Bautista sufriu ao longo da súa historia diferentes ampliacións e remodelacións. A partida máis antiga conservada no seu arquivo é de 1600. No século XVIII a Confraría da Nosa Señora das Dores financiou a construción da capela maior, incorporada ó corpo principal da igrexa. En 1892 levouse a cabo unha gran ampliación, quedando o edificio actual con planta de cruz latina, sancristía, presbiterio, nave central e dúas capelas.
En 1984 remodelouse o presbiterio, desprazándose cara a adiante o altar de pedra incorporado ó retablo, tamén de pedra. Engadiuse tamén un sagrario de pedra atopado entre entullos. En 1991 volveuse ampliar, quedando a nave central de forma cuadrangular.
O santuario da Virxe do Camiño, de estilo gótico, foi construído cara ao século XV. Acolle unha imaxe da Virxe, atopada segundo a tradición nunha praia veciña.
A planta é rectangular, composta por unha soa nave dividida en catro tramos por tres arcos apuntados. No exterior ten grosos contrafortes e uns grandes canzorros de inspiración románica. A carón da fachada principal está anexo o edificio que correspondeu ao antigo Hospital de Lazarados, que tamén servía lugar de acollida para os peregrinos que dende Santiago de Compostela se dirixían a Fisterra. O conxunto da obra foi declarado Monumento Nacional.
O muíño de marea do Pozo de Cachón construíuse no primeiro cuarto do século XIX. Logo de estar abandonado, en 1990 iniciouse a súa rehabilitación. Ten planta rectangular, cunha parte adicada a almacén onde a principios do século XX funcionaron os Baños de Santa María, un balneario especializado na hidroterapia con auga mariña e baños temperados de algas.
É un dos maiores muíños do estado das súas características. Na actualidade funciona como centro cultural, albergando de xeito permanente paneis con explicacións sobre a súa construción e función. Tamén acolle exposicións temporais e diversas actividades culturais.
Galería de imaxes
editar-
Petróglifos da Cova da Bruxa.
-
Petróglifos da Cova da Bruxa.
-
Igrexa parroquial de San Xoán de Serres.
Lugares e parroquias
editarLugares de Serres
editarLugares da parroquia de Serres no concello de Muros (provincia da Coruña) | |
---|---|
A Acea | Anido | Avesada | Badernado | Boa Vista | Burleo | O Castelo | Portugalete | O Pozo do Cachón | A Retorta | A Rocha | Serres | Serres de Arriba | Valdexería |
Parroquias de Muros
editarNotas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Serres, Muros |