Xoán (nome)

nome masculino

Xoán[1][2] é un nome propio masculino galego. A súa orixe é o hebreo יוחנן (Yôḥānnān), que quere dicir 'o fidel a Deus'. En galego tamén ten as variantes Xohán e Xan[3][4] e os hipocorísticos Nucho e Xaíño.[2]

Xoán o Bautista.

En xaneiro de 2023 existían 594 varóns en Galicia co nome Xoán, cunha media de idade de 18,7 anos,[5] e 214 co nome Xan, cunha media de idade de 14,6 anos.[6] Non hai persoas rexistradas coa variante Xohán.

Historia do nome

editar

Do hebraico orixinario pasou a outras linguas. Ιωάννης (Ioannis) é a versión de Yôḥānnān que pasou ao grego. De aí evolucionou até chegar ao galego-portugués: Iohanne > Johan e de aí ao galego moderno Xoham > Xoán. Xan era un diminutivo común en Galiza como queda reflictido na toponimia (A Costa de Xan (en Fene), Xan Amigo (en Sada), Xan Xordo (en Santiago de Compostela) ou Xan de Abaixo (en Ribadeo) e na literatura oral: ser un Xan, sen un Xan entre elas, Xan de Outeiro, Xan da bota.[7]

O patronímico de Xoán ou Iohan deu en Galiza Iohannis: 1177:Pedro Iohannis, usado como xenitivo, formaranse despois varios resultados diferentes: Anes (1262: Pedre Anes; 1454: Maria Anes), Eans, Eanes, Enes, Ennes, Ianes, Yanes (1385: Afonso Yanes Traveso; 1273: Eldora Yanes, que en 1276 aparece como Eldora Eanes; 1275: Laurenço Ianes d'Ourense; 1396: Eynes Ianes), Oanes (1082: Tota Joanis; 1272: Migael Joanes; 1279: Gonzaluo Oanes). Hoxe é común o castelanizado: Yáñez ('fillo de Xoán o Iohan'). En inglés é Johnson ('fillo de John') e Evanson ou Evans ('fillo de Ewan').

Un nome equivalente a Xoán é Iván, que vén da versión rusa do nome, e que transliterado conserva maior semellanza coa grafía antiga.

No galego antigo aparece grafado de diferentes xeitos, sendo os máis comúns: Iohan e Johan: 1248: Iohannes Chascus; 1258: Iohanne Albo; 1268: Johanne Topete; 1285: Iohan do Frade; 1294: Johan Casado; 1296: Jhoâ Alegre; 1306: Johan Sennor; 1364: Johan de Novoa; 1419: Iohan Sutil1; 1420: Juan Agulla; 1430: Iohan Seoane; 1433: Johan Leal; 1454: Johan Tomé; 1454: Johan da Ynsoa; 1468: Iohan Feixoo; 1485:Juan Tato; S. XV: Johan Cabaneiro; 1500: Juan de Saas.

Xoán e Xoana eran dos nomes máis comúns en Galiza dende a Idade Media. Manuel Ferreiro, a partir dos padróns da cidade de Ourense, acha que no século XV, Xoán (Johan) estaba entre os trece nomes persoais máis utilizados. A partir do século XV xa existe un maior influxo castelán (nos padróns dos anos 1483, 1487 e 1490 hai unha clara preponderancia do nome Juan fronte Johan, no que tamén interfire o feito de que o primoxénito dos Reis Católicos foi o príncipe Juan). Porén o diminutivo familiar de Xan (antes Jan) conservouse até o século XX.

A forma Xohán, foi moi usada por moitos intelectuais galegos dende o Rexurdimento.

Usos e variantes

editar

O alcume Xan era moi usado. Nos documentos e dicionarios galegos do século XIX e anteriores aparece grafado coma Jan, Jhan ou Jân[8]. Martín Sarmiento xa falaba tamén de Jan, referíndose á toponimia, concretamente a un padroeiro de Figueirido: Jâm de Figueyrido. Jàn, de Joannes. Figueyrido (San Andrés de) es feligresía una legua al medio día de Pontevedra, junto a Vilaboa.

Coloquialmente dise que un xan é unha persoa boa e inocente ou infeliz.

  • Un Xan, un Xan da cona ou un Xan de elas: coloquialmente é o home dominado pola muller[9].
  • Xan tamén é o nome familiar que dan á raposa nos contos dos vellos. Nalgúns lugares ao lobo[10].
  • Xan da bota: lucecú [9].
  • Xan d’Arzúa: boneco de palla que era levado polos propietarios das buxarías, dacabalo dun boi atado polos cornos na fronte da procesión do Corpus Christi.[11].

En xeral, San Xoán é un topónimo común en Galiza (véxase San Xoán). San Xoán é tamén o mes de xuño, en honra á noite de San Xoán:

Refraneiro

editar

Eligio Rivas Quintas[14] di que Xoán é un nome moi socorrido no folclore galego.

  • A auga de San Xoán, leva o viño e non deixa pan.[15]
  • Cásate, Xan, en domingo:/ estarás o luns de voda/ e o martes traballarás/ para manter a túa noiva.[16]
  • Janeiro giadeiro, febreiro escarabanadeiro, marzo amoroso, abril chuvioso, maio ventoso, San Joan caloroso, que fai o ano formoso[17].
  • Lus e martes son dous días,/ cuarta e quinta xa o saberás,/ venres non comerás carne/ e sábado ir á montería e Domingo á Misa,/ esa é a vida de Xan.
  • Lus marcha, martes chega,/ cuarta aguza, quinta talla,/ sesta carga e sábado chega/ meu primo Xan cun carro de leña.[18]
  • Marzo espigarzo, abril penderil, en maio granado, en San Joan segado.
  • Marzo espigarzo, abril pendoril, maio granado, San Joan segado, Santa Mariña a airiña.
  • O que paga a Xan e debe a Andres, ten que pagar outra vez [19].
  • San Xoan craro coma ollo de galo (referíndose a que polo mes de xuño adoita ir bo tempo)
  • Tres Jàs e un Pedro fan estar o burro quedo[20]

Santoral

editar

Personaxes

editar

Célebres a nivel mundial

editar

Galegos

editar

Variantes noutras linguas

editar
Albanés Gjon, Gjin
Alemán Hans, Johannes, Johann
Amhárico ዮሐንስ (Yoḥännǝs)
Árabe يحيى (Yaḥyā), يوحنا (Yuḥanna)
Aragonés Chuan
Armenio Հովհանես (Hovhanes)
Asturiano Xuan
Bosníaco Ivan
Bretón Yann
Búlgaro Йоан (Joan), Иван (Ivan)
Castelán Juan
Catalán Joan, Jan[21]
Checo Jan
Chinés 約翰 (Yuēhàn)
Corso Ghjuvanni
Croata Ivan, Ivo, Ive
Dinamarqués Johan, Johannes
Escocés Ian
Eslovaco Ján, Ivan
Esloveno Janez
Esperanto Johano
Estoniano Jaan, Juhan
Estremeño Huan
Éuscaro Jon, Yon, Ion, Manex, Ganix, Joanes, Ibane, Iban
Feroés Jógvan
Finés Janne, Johannes, Juha, Juhani
Francés Jean, Jehan
Galés Ioan, Siôn
Galego Xoán, Xan
Guaraní Huã
Grego Ιωάννης (Ioannis)
Hebraico יוחנן (Yôḥānnān)
Neerlandés Jan, Johan, Johannes
Húngaro János
Inglés John, Ewan, Johnny, Jack
Irlandés Seán, Iohán
Islandés Jóhann, Jóhannes
Italiano Giovanni, Gianni
Latín Ioannes
Letón Jānis
Lituano Jonas
Lombardo Giuàn
Macedonio Јован (Jovan)
Malayalam Yoohanon
Maltés Ġwanni
Noruegués Jon, Johan, Johannes
Piemontés Gioann
Polonés Jan
Portugués João
Quechua Juwan
Romanés Ion, Ioan, Ionuţ, Ionel, Ionică
Ruso Иван (Ivan), Ян (Jan), Иоанн (Ioann)
Samoxiciano Juons
Sardo Giuanni
Serbio Јован (Jovan)
Siciliano Giuvanni
Sueco Jon, Johan, Johannes
Turco Yahya, Jan, Gökhan
Ucraíno Іван (Ivan)
Xeorxiano იოანე (Ioane)
  1. Xunta de Galicia (ed.). "Ímoslle chamar..." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017. 
  2. 2,0 2,1 Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega.
  3. En Dicionario de Dicionarios da Universidade de Vigo - http://sli.uvigo.es/DdD/ddd_pescuda.php?pescuda=Xan&tipo_busca=lema
  4. FERRO RUIBAL, Xesús (dir.) (1992) : Diccionario de nomes galegos. Vigo: Ir Indo, p. 549.
  5. Nome Xoán na Web do Intituto Galego de Estatística
  6. Nome Xan na Web do Intituto Galego de Estatística
  7. Eladio Rodríguez González (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo
  8. http://sli.uvigo.es/DdD/ddd_pescuda.php?pescuda=JAN&tipo_busca=lema
  9. 9,0 9,1 Constantino García González: Glosario de voces galegas de hoxe, Universidade de Santiago, Verba, anexo 27, 1985
  10. X. Filgueira Valverde, L. Tobío Fernandes, A. Magariños Negreira e X. Cordal Carús (1926): ‘’Vocabulario popular castelán-galego’’ (publicado por entregas en El Pueblo Gallego)
  11. Leandro Carré Alvarellos: Diccionario galego-castelán e Vocabulario castelán -galego, A Coruña, 1979
  12. Martín Sarmiento (1754-1758): Catálogo de voces vulgares y en especial de voces gallegas de diferentes vegetables, ed. de J. L. Pensado Tomé (U. de Salamanca en 1986)
  13. Marcial Valladares Núñez (1884): Diccionario gallego-castellano, Santiago, Imp. Seminario Conciliar
  14. Frampas, contribución al diccionario gallego, CEME, Salamanca, 1978
  15. L. Pensado Tomé 1974, pp. 241-267. A agoa de San Joan, levó viño e non deyxó pan.
  16. Marcial Valladares Núñez: Diccionario gallego-castellano, Santiago, Imp. Seminario Conciliar, 1884. Cásate, Jan, en domingo:/ estarás lunes de voda/ e martes traballarás/ para mante-l-a tua nóvia.
  17. Juan Sobreira Salgado (1792-1797): Papeletas de un diccionario gallego, ed. de J. L. Pensado Tomé (Instituto de Estudos Ourensáns, Ourense 1979).
  18. http://sli.uvigo.es/DdD/ddd_pescuda.php?pescuda=Xan&tipo_busca=lema
  19. O que paga á Jan e debe á Andres, tèn que pagar outra ves
  20. Juan Sobreira Salgado (1792-1797): Papeletas de un diccionario gallego, ed. de J. L. Pensado Tomé (Instituto de Estudos Ourensáns, Ourense , 1979).
  21. A. M. Alcover y F. de B. Moll (1980). Diccionari català-valencià-balear. Editorial Moll. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar