Xoán Antonio García de Bouzas

pintor español

Xoán Antonio García de Bouzas, nado antes de 1680 e finado o 23 de maio de 1755, foi un pintor do barroco galego.

Xoán Antonio García de Bouzas
Nacementoanos 1680
Falecemento23 de maio de 1755
Lugar de falecementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpintor
editar datos en Wikidata ]
Aprobación da regra de San Francisco polo papa Inocencio, óleo sobre lenzo, 170 x 234 cm, Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

TraxectoriaEditar

O pintor Xoán Antonio García de Bouzas, denominado ás veces nos documentos Juan Antonio das Bouças, naceu probabelmente na cidade de Santiago de Compostela antes do 1680; faleceu na mesma cidade.

Marchou novo a Madrid onde foi discípulo de Lucas Jordán. Á súa volta da capital, casou con Andrea de Castro Calo, da que tivo tres fillos, entre eles Miguel Antonio, que sería tamén pintor. Falecida a súa dona, volveu casar con Xoana Abad de Castro, tendo tres fillas máis.

A escasa demanda de obras pictóricas fixo que García de Bouzas se dedicase á pintura litúrxica, decorando e dourando retablos e imaxinería, labor no que os pedidos eran abundantes.

Como verdadeiro pintor García de Bouzas tivo como comitentes á Catedral de Santiago (que o nomea ministro de fábrica en 1711) e outras institucións relixiosas, tanto compostelás como de diversos lugares galegos.

ObraEditar

  • Aparición da Virxe a un leigo dominico, 1721 (Sto. Domingos, Lugo)
  • Aparición da Virxe a Santiago, ca. 1722 (retablo da Capela do Pilar, Catedral de Santiago)
  • Santiago o Maior, sedente, 1748 (antesacristía da Catedral de Santiago)
  • Santo André
  • San Pedro Apóstolo
  • Cristo camiño do Calvario (sala capitular, Catedral de Santiago)
  • Retrato de Alonso de la Peña, bispo de Quito
  • Retrato de Fernando VI (1751)

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar