Xoán Xosé Plá

farmacéutico e político galego

Xoán Xosé Plá Fernández, nado en Viveiro en 1906, foi un farmacéutico e político galego.

Modelo:BiografíaXoán Xosé Plá
Biografía
Nacemento1906 Editar o valor en Wikidata
Viveiro, España Editar o valor en Wikidata
Morte1981 Editar o valor en Wikidata (74/75 anos)
Actividade
Ocupaciónfarmacéutico, político Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiJosé Pla Zubiri Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Fillo do farmacéutico viveirense José Pla Zubiri e sobriño de Xoán Pla Zubiri. Farmacéutico en Viveiro. Durante a Segunda República militou no Partido Galeguista de Viveiro, ao que se afiliou en 1932 e foi secretario do Grupo Galeguista de Viveiro en 1936. Foi candidato galeguista nas eleccións a compromisarios para a elección do presidente da República en abril de 1936.[1][2] Foi nomeado profesor de matemáticas e director da Escola de Formación Profesional de Viveiro en xullo de 1936.[3][4]

Cando aconteceu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 atopábase en territorio leal á república e durante a Guerra Civil participou na creación das Milicias Populares Galegas, foi delegado do corpo de Carabineiros, e colaborou en Nova Galiza. En Barcelona foi secretario de asistencia de Solidaridade Galega Antifeixista. Coa fin da guerra civil fuxiu a Francia, incorporándose ao maquis. Logo da liberación de Francia estableceuse en Montauban.

En Francia foi un dos artífices da creación do Frente Liberador Gallego, ligado á loita guerrilleira, constituído en Tolosa a finais de 1944 e promovido por Enrique Líster e o PCE, e do que Plá foi presidente. Tivo un importante papel no nacemento do Bloque Repubricán Nazonal Galego.[5] Foi representante do Partido Galeguista do interior no exilio. Mantivo unha liña de desconformidade coa actuación política de Castelao. Tamén estivo na nómina dos servizos de información do PNV. A última noticia sobre Plá é a súa participación nos actos de apoio que se desenvolveron no sur francés contra a sentenza de morte de seis activistas de ETA a finais de 1970.

  1. El Progreso, 24-4-1936, p. 6.
  2. La Voz de Galicia, 29-4-1936, p. 8.
  3. El Progreso, 7-7-1936, p. 6.
  4. Hoja Oficial de la Provincia de Barcelona,30-11-1936, p. 5.
  5. España Popular, 8-3-1946, p. 5.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar