Maquis (resistencia francesa)
O maquis designa grupos de guerrilleiros que formaban parte da denominada Resistencia francesa, sendo a súa presenza particularmente activa nas zonas montañosas da Bretaña e do sur de Francia onde fustrigaron as forzas do réxime de Vichy e a Wehrmacht do Terceiro Reich.
Maquis | |
---|---|
Tipo | membro da resistencia |
Data de fundación | 1940 |
Nomeado en referencia a | maquis |
Premios | Boina |
País | França Livre e Francia |
[ editar datos en Wikidata ] |
En España é o nome xenérico adoptado pola historiografía, polo que se coñecen os grupos armados clandestinos que practicaron as técnicas de combate de guerrilla especialmente no medio rural e natural, como bosques ou zonas montañosas, durante a guerra civil española e a posguerra española, provenientes moitos deles do maquis francés.
Etimoloxía
editarA palabra orixinal deriva dun tipo de ecosistema mediterráneo presente no sueste de Francia, a maquia (en francés maquis), cuberto de matogueiras.[2] Este foi, precisamente, o tipo de terreo no que a resistencia armada atopou asilo. Os membros do escuadrón recibían o nome de maquisards. Finalmente, o termo converteuse nun honorífico que significaba "combatente de resistencia armada". Os maquis pasaron a simbolizar a resistencia francesa.
Notas
editar- ↑ "Fonte: Donald I. Grant. Department of National Defence / National Archives of Canada, PA-166396. The Battle of the Scheldt en junobeach.org". Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2014. Consultado o 20 de abril de 2010.
- ↑ Online Etymology Dictionary. ""Definición de maquis"". Consultado o 14 de decembro de 2007. por Dictionary.com
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Maquis |