Solidaridade Galega Antifeixista

organización política galega

Solidaridade Galega Antifeixista foi unha organización política creada en 1937 polos exiliados galegos en Valencia.

Solidaridade Galega Antifeixista
Tipoorganización
Data de fundación1937
SedeValencia e Barcelona
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Impulsada por Castelao e Ramón Suárez Picallo para organizar as forzas republicanas nunha entidade que exercese a representación política de Galicia, creouse en 1937 no café Vodka de Valencia. O seu primeiro presidente foi Pedro Longueira Patiño e Luís Soto era o secretario xeral, sendo despois substituído por Elixio Rodríguez. Servía para conectar aos galegos en territorio leal coa emigración en América. Severino Iglesias Siso foi secretario administrativo, Xoán Xosé Plá secretario de asistencia e Ramón de Valenzuela secretario de Información e Prensa. A sede pasou despois a Barcelona, aos locais onde se localizaba a Oficina Galega de Información e Publicacións, que editaba a revista Nova Galiza. Entre os seus membros figuraron Alejandro Viana Esperón, Laureano Poza Juncal, Luciano Vidán Freiría, Marcial Fernández Vázquez, Bibiano Fernández Osorio-Tafall, Xosé Otero Espasandín, Arturo Cuadrado, Rafael Dieste, Amparo Alvajar, Ramón Rey Baltar, Florencio Delgado Gurriarán, Roxelio Rodríguez de Bretaña, Ramón Cabanillas Álvarez, Xoán López Durá, Serafín Ferro, Andrés Valín Salvador, Horacio Casas, Carlos Tomé Alonso, Benito Búa Rivas e Portela Valladares.