Abrir o menú principal

Xoán Carlos Bascuas Jardón, nado en Rüsselsheim (Hessen, Alemaña) en 1971, é un profesor universitario e político galego.

Xoán Bascuas
Xoán Bascuas
Xoán Bascuas nunha entrevista para Praza Pública.

Comprimiso.PNG
Presidente de Compromiso por Galicia
Actualmente no cargo
Dende o 16 de abril de 2017
Precedido por Ninguén (1º SX)

Datos persoais
Nacemento 1971
Rüsselsheim, Hessen, Alemaña Alemaña
Partido Compromiso por Galicia
Alcume Bascuas
Profesión mestre, político
Alma máter Universidade de Santiago de Compostela

TraxectoriaEditar

Licenciado en Ciencias Políticas pola Universidade Complutense de Madrid, na actualidade é profesor da Escola de Traballo Social (EUTS) da Universidade de Santiago de Compostela. Militou no BNG ata o 11 de marzo de 2012 cando a daquela corrente da fronte, Máis Galiza, se escinde e se constitúe en partido elixíndoo como Secretario Xeral. O 14 de setembro dese mesmo ano, foi elixido en Primarias Abertas candidato da cooperativa política Compromiso por Galicia para as eleccións ao Parlamento Galego. O 16 de decembro de 2012, Compromiso celebra o seu congreso fundacional onde a maioría da súa afiliación decide que Xoán Bascuas sexa o seu primeiro Secretario Xeral.

Tamén foi delegado da Consellaría de Vivenda na Coruña durante o goberno do chamado Bipartito (2005-2009).

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar