Figueirido, Vilaboa
Santo André de Figueirido é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Vilaboa. Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 770 habitantes (365 homes e 405 mulleres), distribuídos en 9 entidades de poboación. É a parroquia menos poboada do concello.
Santo André de Figueirido | |
---|---|
Vista xeral da parroquia | |
Concello | Vilaboa[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°22′10″N 8°37′44″O / 42.369444444444, -8.6288888888889 |
Área | 3,74 km² |
Poboación | 770 hab. (2022) |
Densidade | 205,88 hab./km² |
Entidades de poboación | 9[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía
editarLimita ao norte con Santa Comba de Bértola, ao suroeste con Vilaboa, ao leste coa Canicouva (Pontevedra), e ao noroeste con Salcedo (Pontevedra). A parroquia está situada na Depresión Meridiana. Nela nace o río dos Gafos, que discorre cara ao norte. O curso forma un val polo que pasa a vía portuguesa do Camiño de Santiago, percorrendo un tramo da antiga vía XIX do itinerario de Antonino. Segundo o Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Madoz, na parroquia había un portádego no camiño de Pontevedra cara a Vigo e Tui[3].
Comunícase a través da estrada N-550, e pola autoestrada AP-9 (cunha estación de peaxe). Tamén pasa pola parroquia a vía de ferrocarril entre Pontevedra e Redondela. Antigamente existía o apeadoiro de Figueirido, pero o desvío do corredor atlántico para a liña do Eixe atlántico de alta velocidade provocou a construción dun túnel na zona.
Patrimonio
editarA igrexa parroquial é barroca, do século XVII, se ben conserva parte da ábsida rectangular de estilo románico. Sobre o testeiro ten un agnus dei, e nun dos laterais ten unha seteira románica. Ten planta rectangular, co presbiterio cuberto con bóveda de canón. Unha das pedras do muro sur ten gravado un dameiro.
Na parroquia está a base militar da BRILAT.
Deportes
editarNa parroquia está o Figueirido CF que xoga na 2ª División Rexional.
Lugares e parroquias
editarLugares de Figueirido
editarLugares da parroquia de Figueirido no concello pontevedrés de Vilaboa | |
---|---|
O Alcouce | Balteiro | Bergunde | Borrateiros | A Boullosa | Canaval | Casfalcón | As Croas | O Pazo |
Parroquias de Vilaboa
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor". Xunta de Galicia.
- ↑ Madoz, Pascual (1847). "FIGUEIRIDO (SAN ANDRES)". Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar (en castelán) VIII. Madrid. p. 84.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Figueirido, Vilaboa |