Cobres, Vilaboa

parroquia civil do concello de Vilaboa

Santo Adrán de Cobres é unha parroquia do concello pontevedrés de Vilaboa. Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 1.455 habitantes (732 homes e 723 mulleres), distribuídos en 8 entidades de poboación.

Santo Adrán de Cobres
Igrexa parroquial
ConcelloVilaboa[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°17′53″N 8°39′32″O / 42.29807, -8.65894
Área7,56 km²
Poboación1.455 hab. (2022)
Densidade192,46 hab./km²
Entidades de poboación8[1]
editar datos en Wikidata ]

O peirao de Santo Adrán de Cobres é a base dunha importante frota mexilloeira que opera nas bateas da Ría de Vigo.

Patrimonio

editar

A igrexa parroquial é de planta rectangular, con engadidos laterais da sancristía e unha capela, polo que semella que é de cruz latina. Parece ter as súas orixes no século XVI, con engadidos posteriores.

Nunha parede da igrexa e no muro do adro hai dúas cruces, restos dun primitivo via crucis. Trátase de cruces monolíticas, latinas, grosas, lisas e sen figuras. Presentan sección cuadrangular coas arestas rebaixadas e nos extremos dous brazos e testeiros acabados en cadrados. A primeira delas está pendurada por garfos de ferro na parede exterior dereita, ó carón dunha porta lateral, amosando por debaixo unha mesa/altar moderna. A segunda, apoiada no lateral do muro do adro, pola banda esquerda da igrexa, está sustentada por unha base paralelepípeda coas arestas superiores rebaixadas.

 
O entroido en Cobres é festa de interese turístico de Galicia

O castelo de Uveiras foi construído nos séculos XIV e XV, e destruído durante a batalla de Rande. Consérvase o baseamento e o comezo dos muros, cunha altura máxima duns 5 m e un ancho de 1,5 m. Ten esquinas en ángulo e un pequeno bastión na cara nordés. Está situado nun outeiro a uns 100 metros de altitude, adaptándose á topografía do terreo, en pendente pronunciada cara ao leste e o sur, e máis suave cara ao oeste e norte. Na zona atopouse cerámica romana e restos de ánforas.

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Santo Adrán de Cobres

editar
Lugares da parroquia de Cobres no concello pontevedrés de Vilaboa

Cardiña | Curra | Nores | Pazos | Pousada | Santradán | Sobreira | Uveiras

Parroquias de Vilaboa

editar
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Vilaboa

Cobres (Santo Adrán) | Figueirido (Santo André) | Santa Comba de Bértola (Santa Comba) | Santa Cristina de Cobres (Santa Cristina) | Vilaboa (San Martiño)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar