Xoán Ramiro Cuba
escritor e editor galego
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez, nado en Lugo o 20 de xaneiro de 1958, é un escritor galego.
Xoán Ramiro Cuba | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 20 de xaneiro de 1958 |
Lugo | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escritor |
Xéneros | Narrativa |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Traballa no Museo Provincial de Lugo como responsable de publicacións. En 1992 creou con Ofelia Carnero Vázquez, Mercedes Salvador Castañer e Antonio Reigosa o Grupo de Investigación Etnográfica Chaira, realizando diversos proxectos, traballos de campo, arquivo e publicación levados adiante en distintas comarcas lucenses, fundamentalmente na Terra Chá e no concello da Pontenova.
Obras Editar
Literatura infanto-xuvenil Editar
Obras colectivas Editar
- Polavila na Pontenova. Lendas, contos e romances, 1998, Deputación de Lugo.
- Guía do Museo Provincial de Lugo, 2003, Deputación de Lugo.
- Da fala dos brañegos. Literatura oral do concello de Abadín, 2004, Deputación de Lugo.
Con Xosé Miranda e Antonio Reigosa Editar
- Contos marabillosos I e II, 1998, Xerais.
- Contos marabillosos. III e IV, 1999, Xerais.
- Dicionario dos seres míticos galegos, 1999, Xerais. Traducido ao castelán como Diccionario de los seres míticos gallegos no 2006 na mesma editorial.
- Contos de maxia, I, II, III e IV, 2000, Xerais.
- Antoloxía do conto de tradición oral, 2001, Biblioteca Galega 120, La Voz de Galicia.
- Contos colorados: narracións eróticas da tradición oral, 2001, Xerais.
- Contos de animais, I e II, 2001, Xerais.
- Pequena mitoloxía de Galicia, 2001, Xerais.
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xoán Ramiro Cuba |