Abrir o menú principal
Maruxiña
Coccinella magnifica
Coccinella magnifica
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Coleoptera
Suborde: Polyphaga
Superfamilia: Cucujoidea
Familia: Coccinellidae
Latreille, 1807 [1]
Subfamilias [1]

A maruxiña, reirrei ou xoaniña é un insecto coleóptero dos coccinélidos. Os cocinélidos posúen corpo semiesférico, cabeza pequena, patas moi curtas e as membranosas moi desenvolvidas, protexidas por unha carapa quitinosa. Hai cerca de 4500 especies dentro deste grupo, distribuídas en 350 xéneros, distinguíbeis polos padróns de cores e pintas da carapa. O reirrei ou xoaniña ten o corpo globoso, xeralmente negro, cos élitros vermellos ou amarelos, con puntos escuros. As súas larvas e adultos nútrense de pulgóns.

As xoaniñas son predadores no mundo dos insectos e aliméntanse de áfidos, moscas da froita e outros tipos de insectos. Xa que a maioría das súas presas causa estragos ás colleitas e plantacións, as xoaniñas considéranse benéficas por parte dos agricultores, razón pola cal a C. septempunctata foi introducida en Norteamérica para combate-las pragas deses parasitos das plantas.

Outros nomes[Cómpre referencia]: cascarrubia, costureiriña, mosca de deus, papasol, polboretiña de deus, rei, rinchín.

  • VOLGA: voaniña, voíña.
  • RAG: barrosiña, papoia, reirrei, xoana.

Índice

DescriciónEditar

Son insectos pequenos, cun tamaño reducido que vai de 5 a 8 milímetros. De forma redondeada ou oval, brillantes, adoitan ser de vivas cores, con manchas negras sobre un fondo laranxa, amarelo ou vermello, en forma de puntos ou raias. Algunhas especies son peludas. A súa cabeza, antenas e patas son negras.

O son das súas ás foi incluído nas gravacións do disco Astral Weeks do músico irlandés Van Morrison.

Galería de imaxesEditar

NotasEditar

Véxase taménEditar


 
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.