Cucujoidea

Various Cucujoidea coas súas larvas
e detalles anatómicos
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Coleoptera
Suborde: Polyphaga
Superfamilia: Cucujoidea
Latreille, 1802

Cucujoidea é unha superfamilia de escaravellos. Este grupo comprendía anteriormente todas as familias agora incluídas na superfamilia Coccinelloidea.[1] Inclúen algúns escaravellos de fungos e unha diversidade de liñaxes de escaravellos da codia das árbores non relacionados cos Scolytinae, que son gurgullos (superfamilia Curculionoidea).

Morfoloxía editar

A morfoloxía dos Cucujoidea é variada e non hai características comúns para todos os membros da superfamilia.[1]

Os adultos poden recoñecerse porque as cavidades procoxais están abertas internamente na maioría dos taxons, as femias teñen a fórmula tarsal 5-5-5 e os machos 5-5-5 ou 5-5-4 (raramente 4-4-4), femias co terxito VIII tapado dorsalmente polo terxito VII, e os machos co terxito X completamente membranoso.[1]

As larvas teñen "brazos" frontais xeralmente liriformes, a superficie mandibular media xeralmente cunha mola ben desenvolvida, adoitan presentar unha área articuladora maxilar, un escleroma hipofarínxeo normalmente presente e dúas sedas pretarsais.[1]

Taxonomía editar

De acordo cunha revisión de 2015, a superfamilia Cucujoidea comprende as seguintes 25 familias:[1]

Xéneros extintos editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Robertson, James A.; Ślipiński, Adam; Moulton, Matthew; Shockley, Floyd W.; Giorgi, Adriano; Lord, Nathan P.; Mckenna, Duane D.; Tomaszewska, Wioletta; Forrester, Juanita; Miller, Kelly B.; Whiting, Michael F. (2015). "Phylogeny and classification of Cucujoidea and the recognition of a new superfamily Coccinelloidea (Coleoptera: Cucujiformia): Systematics of Cucujoidea and Coccinelloidea". Systematic Entomology (en inglés) 40 (4): 745–778. doi:10.1111/syen.12138. 

Ligazóns externas editar



 
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.