Permiano
Era[1] | Período | Millóns de anos | |
---|---|---|---|
Paleozoica | Permiano | 299,0 ±0,8 | |
Carbonífero | Pensilvaniano | 318,1 ±1,3 | |
Misisipiano | 359,2 ±2,5 | ||
Devoniano | 416.0 ±2,8 | ||
Silúrico | 443,7 ±1,5 | ||
Ordovícico | 488,3 ±1,7 | ||
Cámbrico | 542,0 ±1,0 |
O Permiano[2] é un período da escala de tempo xeolóxico, correspondente á era Paleozoica do eón Fanerozoico que comezou hai 299,0 ± 0,8 millóns de anos e acabou hai 251,0 ± 0,4 millóns de anos.[3][4]
Como coa maioría dos períodos xeolóxicos, os estratos que definen o principio e o final do período están ben identificados, pero a data exacta do inicio é incerta por uns poucos millóns de anos. O final do período está marcado por unha grande extinción que está datada con maior exactitude.
O permiano segue ao carbonífero e precede ao triásico, e debe o seu nome aos extensos xacementos na rexión ao redor da cidade de Perm, en Rusia. Os xacementos permianos consisten principalmente en estratos vermellos continentais e exposicións mariñas pouco profundas.

No Permiano houbo importantes cambios climáticos cunha tendencia xeral de climas tropicais a condicións máis secas e áridas. Produciuse unha contracción dos pantanos. Extinguíronse gran cantidade de fieitos arborescentes (Lycopodiophyta) e anfibios, que requirían condicións húmidas. Os fieitos con semente, os réptiles e os réptiles mamiferoides herdaron a Terra. Os glaciares do carbonífero sobre a rexión polar do sur de Gondwana retrocedeeron durante o Permiano.
Neste período desenvolveuse a oroxenia herciniana, que levou á formación do gran supercontinente chamado Panxea.
Notas editar
- ↑ As cores corresponden aos códigos RGB aprobados pola Comisión Internacional de Estratigrafía. Dispoñíbel no sitio da International Commision on Stratigraphy, en «Standard Color Codes for the Geological Time Scale».
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para permiano.
- ↑ Global Boundary Stratotype Section and Point (GSSP) of the International Commission of Stratigraphy, Status on 2009.
- ↑ International Stratigraphic Chart, 2008.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Tectónica de placas. Pérmico (en castelán) Consultadsa o 14/01/2013.
Este artigo sobre xeoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |