Paleozoico
Eón [1] | Era | Millóns de anos |
---|---|---|
Fanerozoico | Cenozoico | 65,5 ±0,3 |
Mesozoico | 251,0 ±0,4 | |
Paleozoico | 542,0 ±1,0 | |
Proterozoico | 2.500 | |
Arcaico | 3.800 | |
Hadeico | ca. 4.570 |
A era paleozoica[2] ou primaria, tamén chamada paleozoico (do grego παλαιός palaiós, 'vello', 'antigo', e ζωη zoē, 'vida'; é dicir: 'era da vida antiga') é a primeira das tres na que se divide o eón Fanerozoico (ou 'era da vida visíbel —do grego φανερός phanerós, 'visíbel', 'que está á vista'—). Abarca dende comezos do Cámbrico (hai aproximadamente 542 millóns de anos) ata o final do Permiano (hai aproximadamente 251 millóns de anos).
Características do paleozoico
editarNesta era a vida no noso planeta aumentou considerablemente. Moitos animais desenvolveron cuncha ou esqueleto. A principios do Paleozoico todos os seres vivos eran acuáticos. Cara a finais do Paleozoico varios seres xa lograran conquistar terra firme.
Durante a primeira metade do Paleozoico evolucionaron formas de vida máis complicadas. Os peixes foron os primeiros animais que desenvolveron unha espiña dorsal, e os máis antigos viviron hai máis de 400 millóns de anos no período Ordovícico. A mediados do Paleozoico, os peixes abarrotaban os mares.
Durante esta era, algúns moluscos creceron e desenvolveron un cerebro maior e máis eficaz. Estes novos moluscos nadaban utilizando un tipo de propulsión a chorro. Cara ao período devoniano evolucionaron os peixes. Os primeiros non tiñan mandíbulas. Despois evolucionaron peixes xigantescos e, máis tarde, os de aletas lobuladas desenvolveron pulmóns,dando orixe aos anfibios.
Xeoloxicamente,o Paleozoico iníciase pouco despois da desintegración do supercontinente Pannotia e acaba coa formación do supercontinente Panxea. Durante a maior parte da era, a superficie terrestre dividíase nun número relativamente pequeno de continentes. A finais da era Paleozoica houbo importantes cambios no relevo da codia terrestre, aparecendo as cordilleiras tanto no océano como na terra, e producíronse as primeiras invasións glaciares extensas, o que permitiu o aumento da extensión e altitude dos continentes, determinando profundas perturbacións nos climas existentes e, como consecuencia, nos organismos que poboaron as extensións continentais.
Subdivisións
editarA Era Paleozoica divídese en seis períodos: Cámbrico (a vida animal florece nos mares), Ordovícico (dominan os invertebrados, Silúrico (primeiro animal de respiración aérea), Denóvico (predominio da vida animal; aparecen peixes con escamas duras e os anfibios), Carbonífero (aparecen grandes bosques de fentos, os primeiros réptiles e os primeiros insectos voadores) e Permiano (ten lugar unha grande extinción coñecida como a extinción masiva do Permiano-Triásico).
Era | Período | M. anos | Eventos principais | |
---|---|---|---|---|
Paleozoico | Permiano | 299,0 ±0,8 | Formación da Panxea. Extinción masiva do Permiano-Triásico, 95% especies desaparecen | |
Carbonífero | Pennsylvaniano | 318,1 ±1,3 | Abundantes insectos, primeiros réptiles, extensos bosques de fentos | |
Mississippiano | 359,2 ±2,5 | Árbores grandes primitivos | ||
Devoniano | 416.0 ±2,8 | Aparecen os primeiros anfibios, Lycopsida e Progymnospermophyta | ||
Silúrico | 443,7 ±1,5 | Primeiras plantas terrestres fósiles | ||
Ordovícico | 488,3 ±1,7 | Dominan os invertebrados. Extincións masivas do Ordovícico-Silúrico | ||
Cámbrico | 542,0 ±1,0 | Explosión cámbrica. Primeiros peixes. Extincións masivas do Cámbrico-Ordovícico |
Vida
editarNos estratos pertencentes a era Paleozoica atópanse extensos grupos de rochas sedimentarias de orixe mariña, nas que aparecen por primeira vez abundantes fósiles perfectamente conservados, principalmente radiolarios e foraminíferos, así como animais xa de maior tamaño e de organización máis complicada, como os trilobites.
Nos primeiros períodos desta era non se atopan fósiles de vexetais mariño, pero o final, sobre todo a partir do carbonífero, descubríronse restos de vexetais terrestres, como os fentos e as ximnospermas, que formaron selvas extensas e espesas. Na actualidade constitúen importantes depósitos de hulla e antracita.
A fauna mariña foise enriquecendo coa sucesiva aparición dos corais, os trilobites e os moluscos, como os cefalópodos, e no Silúrico xurdiron os primeiros animais terrestres, como os escorpións, aos que seguiron os insectos primitivos. No mar apareceron os peixes, que tiñan o seu esqueleto brando.
O final da era, os anfibios —primeiro— e algúns réptiles —despois— constituíron os primeiros vertebrados terrestres. Entre os réptiles destacan os pteromorfos, antecesores dos mamíferos, xa que presentan trazos comúns. O desenvolvemento dos réptiles nesta era é preparatorio ao grande auxe que tiveron na seguinte.
Xeoloxía
editarHai uns 600 m.a. a Terra estaba constituída por 4 grandes masas continentais que representan o esqueleto dos continentes actuais. Os seus contornos e posicións relativas son moi incertas. Durante o Paleozoico estas masas foron desprazándose e o final do Permiano, hai 225 m.a. aproximadamente, colisionaron e formaron unha masa continental única, chamada Panxea, rodeada por un único e amplo océano, Panthalasa.
A colisión entre os continentes deu lugar a unha actividade oroxénica que estivo representada por dous grandes pregamentos; o Caledoniano, polo que se formaron, entre outras, as cordilleiras de Escocia, Escandinavia e Siberia; e o Herciniano, que afectou a toda Europa.
Notas
editar- ↑ As cores corresponden aos códigos RGB aprobados poa Comisión Internacional sobre Estratigrafía. Dispoñíbel no sitio da International Commision on Stratigraphy, en "Standard Color Codes for the Geological Time Scale".
- ↑ "Entrada paleozoico en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2019. Consultado o 08 de xaneiro de 2019.