Período xeolóxico
Un período xeolóxico ou simplemente período é unha división dunha era xeolóxica na escala de tempo xeolóxico.
É o equivalente temporal do "sistema" utilizado en estratigrafía para definir os estratos e os fósiles. Os sistemas son quizais máis correntemente utilizados polos paleontólogos e xeólogos (así, as rochas do sistema devoniano son de feito as rochas do período devoniano), pero o concepto de período de tempo é fácil de asimilar polo gran público.
Unha subdivisión dos períodos é a época. En 2004, a Unión Internacional de Ciencias Xeolóxicas (IUGS) recoñeceu o ediacárico como período do Noeoproterozoico, a última incorporación a un período na escala de tempo xeolóxico en case 130 anos.[1][2][3][4]
Períodos definidos pola IUGS
editarO organismo para a estandardización da escala dos tempos xeolóxicos é a Comisión Internacional sobre Estratigrafía, que opera no seo da Unión Internacional de Ciencias Xeolóxicas (IUGS) para establecer unha escala normnalizada e posta ao día dos descubrimentos dos científicos do munde enteiro. A táboa de aquí debaixo mostra os períodos oficialmente definidos pola IUGS até finais de 2004.
Eón | Era | Período | Comezo en millós de anos |
---|---|---|---|
Fanerozoico | Cenozoico | Neóxeno | 23,0 |
Paleóxeno | 65,5 | ||
Mesozoico | Cretáceo | 145,5 | |
Xurásico | 200 | ||
Triásico | 251 | ||
Paleozoico | Permiano | 300 | |
Carbonífero | 359 | ||
Devoniano | 416 | ||
Silúrico | 444 | ||
Ordovícico | 488 | ||
Cámbrico | 542 | ||
Proterozoico | Neoproterozoico | Ediacárico | 630 |
Outros périodos, dividindo as eras do Paleoproterozoico, Mesoproterozoico e Neoproterozoico (é dicir, as tres eras do eón Proterozoico), tamén son comunmente distinguidas e ensinadas.
Notas
editar- ↑ Global Boundary Stratotype Section and Point (GSSP) of the International Commission of Stratigraphy.
- ↑ Táboa estratigráfica internacional, 2010
- ↑ Knoll, A.H.; Walter, M.R., Narbonne, G.M., Christie-blick, N. (2004). "A new period for the geologic time scale" (PDF). Science 305 (5684): 621–622.
- ↑ Ogg, J.G. (2004). "Status of Divisions of the International Geologic Time Scale" (PDF). Lethaia 37 (2): 183–199. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de maio de 2020. Consultado o 04 de decembro de 2012.
Este artigo sobre xeoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |