Proterozoico

terceiro e último dos eóns en que se dividen os tempos precámbricos

Na escala de tempo xeolóxico, o Proterozoico (do grego πρότερος, próteros, 'o que vai diante', 'o máis vello', e ζῶον zôon, 'animal', 'ser vivo'; é dicir: 'o da primeira vida') é o terceiro e último dos eóns en que se dividen os tempos precámbricos. Comprende desde hai uns 2 500 millóns de anos até hai uns 542 millóns de anos, durando, polo tanto, 1 958 ± 1,0 millóns de anos.[1][2] e 542± 1,0 millóns de anos, aproximadamente.

Proterozoico
Parte de: Precámbrico Editar o valor en Wikidata
Instancia deEón xeolóxico e eonothem (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Data
Comezohai 2.500 millóns de anos Editar o valor en Wikidata
Rematehai 538.800.000 anos Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
Precedido porArcaico Editar o valor en Wikidata
Sucedido porFanerozoico Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

O eón Proterozoico sucede ao eón Arcaico e precede o eón Fanerozoico. Divídese en tres eras: Paleoproterozoico (2.500 - 1.600 millóns de ahos), Mesoproterozoico (1.600 - 1.000 millóns de anos) e Neoproterozoico (1.000 - 542,0 ±1,0 millóns de anos).

Os acontecementos mellor identrificados desta época son:

  • A transición a unha atmosfera osixenada, que se produciu probablemente durante o Mesoproterozoico, a Grande Oxidación.
  • Varias glaciacións, das que a máis severa produciuse durante o Neoproterozoico.
  • O período ediacárico, onde a evolución de organismos pluricelulares de corpos brandos acelerouse.
  • No curos deste eón, os núcleos continentais, tamén chamados escudos continentais, que apareceran durante o Arcaico, experimentan un forte crecemento. Á fin do Proterozoico, o volume da masa continental estabilízase.
Supereón Eón[3] Millóns de anos
  Fanerozoico 542,0 ±1,0
Precámbrico Proterozoico 2.500
Arcaico 3.800
Hadeico ca. 4.570

Historia e características

editar
 
Os continentes a finais do Proterozoico, hai 550 millóns de anos.
 
Estromatólitos dos Andes Orientais en Cochabamba (Bolivia).

Ao principio do Proterozoico os primeiros continentes ou cratóns estaban xa formados, ao igual que a dinámica da codia terrestre representada pola súa división en placas tectónicas nas que se crea, transforma e destrúe a mesma.

Neste eón a Terra sofre cambios importantes rexistrándose un aumento da presión do osíxeno na atmosfera terrestre que deu lugar ao Grande Evento Oxidativo ou Gran Oxidación, e tamén se produciron as primeiras glaciacións.

Foi durante o Proterozoico cando se formaron os continentes e máis cando apareceron nos océanos as formas de vida eucarionte. O osíxeno formouse na atmosfera. Considérase que as algas azuis (cianobacterias) foron as principais responsables desta grande acumulación de osíxeno. Arredor de mil millóns de anos atrás moitos tipos de algas comezaron a aparecer no rexistro de fóseis, incluíndo as algas verdes e vermellas.

O Proterozoico caracterízase pola presenza de grandes cratóns que darán lugar ás plataformas continentais. As cordilleiras xeradas neste eón sufriron os mesmos procesos que os fanerozoicos. A intensidade do metamorfismo diminuíu neste momento xeolóxico. A Terra sofre as súas primeiras glaciacións, e rexístrase unha gran cantidade de estromatólitos que, sen dúbida, supuxeron un importante cambio na biota terrestre. O período ediacárico de finais do Proterozoico caracterízase pola evolución de abundantes organismos pluricelulares de corpo brando.

Subdivisións

editar

O Proterozoico está dividido en tres eras:

  1. Global Boundary Stratotype Section and Point (GSSP) of the International Commission of Stratigraphy, Status on 2009.
  2. "International Stratigraphic Chart, 2008" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de abril de 2009. Consultado o 24 de abril de 2009. 
  3. As cores corresponden aos códigos RGB aprobados pola Comisión Internacional sobre Estratigrafía. Dispoñíbel no sitio de da International Commision on Stratigraphy, en "Standard Color Codes for the Geological Time Scale".

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar

 
 Este artigo sobre xeoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.