Paleóxeno

(Redirección desde «Paleoxeno»)

O Paleoxeno[1] (escrito ás veces Paleóxeno), tamén coñecido como terciario temperán, é, na escala de tempo xeolóxico, un período xeolóxico, o que inicia a era Cenozoica. O Paleoxeno destacou especialmente pola evolución dos mamíferos a partir de especies pequenas e relativamente pouco importantes como o eran a finais do cretáceo.

Paleóxeno
Parte de: Cenozoico Editar o valor en Wikidata

Instancia deperíodo xeolóxico e sistema estratigráfico Editar o valor en Wikidata
Data
Comezohai 66 millóns de anos (circa) Editar o valor en Wikidata
Rematehai 23.030.000 anos (circa) Editar o valor en Wikidata
Acontecementos
Extinción dos dinosauros
Máximo térmico do Paleoceno-Eoceno
Eocene Thermal Maximum 2 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
Precedido porCretáceo Editar o valor en Wikidata
Sucedido porNeoxeno Editar o valor en Wikidata
Substitúe aTerciário (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata ] C:Commons ]

División temporal

editar

Comezou hai 65,5 ± 0,3 millóns de anos e acabou hai 23,03 millóns de anos, cunha duración, por tanto, duns 43 millóns de anos..[2][3][4]

Divídese en tres épocas xeolóxicas: paleoceno, eoceno e oligoceno.

Bioloxía

editar

Os organismos que permaneceron nos océanos son os taxons que persisten hoxe en día. Sobre a Terra, as plantas con flor (anxiospermas) do Paleóxeno eran parecidas ás do Cretáceo Superior.

A vida animal cambiou drasticamente; os mamíferos, en xeral pequenos ao inicio do paleóxeno, xa eran moi parecidos aos actuais a finais do período. Importantes no período foron: Mesohippus (cabalos), foraminíferos, monos, anxiospermas e a diversificación dos mamíferos.

Xeoloxía

editar

O período paleóxeno marcou un tempo de transición na historia da Terra. O cambio climático máis profundo foi o arrefriamento que fixo medrar as rexións polares.

No ámbito xeolóxico global destaca a formación do carbón, os Alpes e, en Suramérica, a subdución de tipo Andino. Formáronse cadeas montañosas actuais en América do Norte (Serra Nevada e Montañas Rochosas) e en Europa (Alpes, cadeas Ibéricas, Béticas, Pireneo e Cantábrica). Os sedimentos que rexistran estes e outros sucesos cenozoicos están, na súa maioría, non consolidados, a excepción de carbonatos e algúns silicatos litificados.

< | Eón Fanerozoico |  

Paleozoico

Mesozoico

Cenozoico

Era [5] Período Época Millóns de anos
Cenozoico Cuaternario Holoceno 0,011784
Plistoceno 2,588
Neóxeno Plioceno 5,332
Mioceno 23,03
Paleóxeno Oligoceno 33,9 ±0,1
Eoceno 55,8 ±0,2
Paleoceno 65,5 ±0,3
 
Durante o paleóxeno aparecen e diversifícanse os équidos, como Hyracotherium (na ilustración) ou Mesohippus.
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para paleoxeno.
  2. Global Boundary Stratotype Section and Point (GSSP) of the International Commission of Stratigraphy, Status on 2009.
  3. International Stratigraphic Chart, 2008
  4. "Whatever happened to the Tertiary and Quaternary?"
  5. As cores corresponden aos códigos RGB aprobados pola Comisión Internacional de Estratigrafía. Dispoñíbel no sitio da International Commision on Stratigraphy, en Standard Color Codes for the Geological Time Scale.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar

 
 Este artigo sobre xeoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.