Eoceno
Era[1] | Período | Época | Millóns de anos |
---|---|---|---|
Cenozoico | Cuaternario | Holoceno | 0,011784 |
Plistoceno | 2,588 | ||
Neóxeno | Plioceno | 5,332 | |
Mioceno | 23,03 | ||
Paleóxeno | Oligoceno | 33,9 ±0,1 | |
Eoceno | 55,8 ±0,2 | ||
Paleoceno | 65,5 ±0,3 |
O Eoceno,[2] unha división da escala temporal xeolóxica, é unha época xeolóxica da historia da Terra, a segunda do período paleóxeno na era cenozoica.
Comprende o tempo entre o final do paleoceno (hai 55,8 ± 0,2 millóns de anos) e o principio do oligoceno (hai 33,9 ± 0,1 millóns de anos).[3][4][5][6]
Durante esta época formáronse algunhas das cordilleiras máis importantes do mundo, como os Alpes ou o Himalaia, e aconteceron varios cambios climáticos importantes como o máximo térmico do Paleoceno-Eoceno, que aumentou a temperatura do planeta e delimita o inicio desta época xeolóxica, o evento Azolla, un arrefriamento global que daría paso ás primeiras glaciacións, ou eventos de extinción masiva como a Gran Ruptura (en francés Grande Coupure, que marca o final do eoceno.
As aves predominaban sobre os demais seres, e os primeiros cetáceos comezaron o seu desenvolvemento. Ademais, a especie de serpente máis grande que existiu data do eoceno. Nesta época xeolóxica produciuse tamén unha grande expansión e diversificación das formigas. A Antártida comezou a época rodeada de bosques tropicais, e o finalizou coa aparición dos primeiros casquetes polares. Existen multitude de xacementos paleontolóxicos en diversos lugares do mundo que confirman estes feitos, como o sitio fosilífero de Messel, en Alemaña, ou a Formación Green River, en Norteamérica.
Etimoloxía
editarO nome eoceno, definido polo xeólogo británico Charles Lyell, provén das palabras gregas ἠώς eós, 'alba' e καινός kainós, 'novo', facendo referencia á aparición das ordes modernas de mamíferos durante esta época.
Subdivisións
editarO eoceno adoita subdividirse informalmente en eoceno inferior (ypresiense), eoceno medio (luteciense e bartoniense), e eoceno superior (priaboniense). É menos frecuente subdividilo en inferior e superior unicamente. Neste caso, o luteciense pasaría a formar parte do eoceno inferior, mentres que o bartoniense faría o propio no eoceno superior.
Notas
editar- ↑ Os colores corresponden aos códigos RGB aprobados pola Comisión Internacional de Estratigrafía. Dispoñíbel no sitio da International Commision on Stratigraphy, en «Standard Color Codes for the Geological Time Scale».
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para eoceno.
- ↑ Global Boundary Stratotype Section and Point (GSSP) of the International Commission of Stratigraphy, Status on 2009.
- ↑ International Stratigraphic Chart, 2008
- ↑ Rohde, Robert A. (2005). "Ypresian ICS Stage". GeoWhen Database. International Commission on Stratigraphy. Consultado o 10 de maio de 2008.
- ↑ Rohde, Robert A. (2005). "Priabonian ICS Stage". GeoWhen Database. International Commission on Stratigraphy. Consultado o 10 de maio de 2008.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eoceno |
Bibliografía
editar- López Martínez, Nieves (1998): Geologia y paleontologia del Eoceno de La Pobla de Segur, Lleida. Lleida: Universitat de Lleida. ISBN 84-89727-60-0.
- Aubry, Marie-Pierre Aubry; William A. Berggren e Spencer G. Lucas (1998): Late Paleocene-Early Eocene Biotic and Climatic Events in the Marine and Terrestrial Records. Columbia University Press. ISBN 0-231-10238-0.
- Gunnell, Gregg F. (2001): Eocene Biodiversity: Unusual Occurrences and Rarely Sampled Habitats. Kluwer Academic Pub. ISBN 0-306-46528-0.
- Nesbitt, Elizabeth; Donald R. Prothero e Linda C. Ivany (2003): From Greenhouse to Icehouse: The Marine Eocene-Oligocene Transition. Columbia University Press. ISBN 0-231-12716-2.
- Prothero, Donald R. (1993): The Eocene-Oligocene Transition: Paradise Lost. Columbia University Press. ISBN 0-231-08091-3.
- Prothero, Donald R. e Robert J. Emry (1996): The Terrestrial Eocene-Oligocene Transition in North America. Cambridge University Press. ISBN 0-521-43387-8.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Eoceno na web de Celestia (en castelán)
- Paleomapa do eoceno
- A vida no eoceno (en inglés)
- The Eocene and the Eocene-Oligocene transition (en inglés)
- Wadi Al-Hitan (Whale Valley) na web do Patrimonio da Humanidade da UNESCO (en inglés)
- Formación Green River (en inglés)
- Sitio fosilífero de Messel (en alemán)
Este artigo sobre xeoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |