Xohán Casal
Xohán Casal Pardo, nado na Coruña a finais de 1935 e finado na mesma cidade o 10 de xaneiro de 1960, foi un escritor galego.
Xohán Casal | |
---|---|
Nome completo | Xohán Casal Pardo |
Nacemento | 1935 |
A Coruña | |
Falecemento | 10 de xaneiro de 1960 |
A Coruña | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escritor |
Pai | Xacobe Casal |
Coñecido/a por | O camiño de abaixo |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fillo de Jacobo Casal Rey. Cursou estudos mercantís na Coruña pero abandonounos aos tres anos por problemas de saúde. Coñeceu a obra de Castelao en 1956 e rachou co seu facer en castelán. Considerado o iniciador da Nova Narrativa Galega, escribiu O camiño de abaixo, publicado en 1970 como obra póstuma cun prólogo do seu amigo Reimundo Patiño. A enfermidade do corazón que padeceu dende neno e que o levou prematuramente á tumba condicionou a súa vida. O resto da súa produción quedou inédito, agás un artigo sobre Rosalía de Castro publicado en El Ideal Gallego.
O mundo dos relatos de Casal está dominado constantemente pola soidade e a morte. Aparecen elementos simbólicos desacougantes e opresivos.
ObraEditar
- 1970: O camiño de abaixo, Ediciós do Castro. Con cuberta de Luís Seoane.
NotasEditar
- ↑ O cemiterio de Santo Amaro. Memoria de dous séculos. Concello da Coruña, Fundación Emalcsa. 2012. ISBN 978-84-616-1077-8.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Artigo CASAL, Xohán na Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada