Xoán Rof Carballo
Xoán Rof Carballo, nado en Lugo o 10 de xuño de 1905 e finado en Madrid o 11 de outubro de 1994, foi un médico galego e un dos principais ensaístas da editorial Galaxia durante as décadas de 1950 e 1960, participando nalgunhas publicacións conxuntas realizadas por Galaxia como 7 ensayos sobre Rosalía.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de xuño de 1905 Lugo, España |
Morte | 11 de outubro de 1994 (89 anos) Madrid, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | médico, escritor |
Membro de | |
Familia | |
Pai | Juan Rof Codina |
Premios | |
| |
Traxectoria
editarFillo do veterinario Juan Rof Codina, mudouse coa súa familia á Coruña xa de novo. Licenciado en Medicina, cursou estudos en Compostela, Barcelona e Madrid. En 1932 prosegue a súa formación en Viena, e tras uns estudos en Colonia regresa a Madrid en 1933 para doutorarse xunto a Carlos Jiménez Díaz. O Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sorprendeuno en Berlín, e non regresou a España ata o final da contenda, traballando nese período en Viena, Copenhague e París. Traballa con Jiménez Díaz ata 1948. En 1949 publica Patología Psicosomática, e a partir de 1950 comeza a colaborar con Gregorio Marañón, que o definiu como un "francotirador do espírito".
Pensamento
editarO seu maior legado consiste nunha nova concepción das relacións entre médico e paciente, achegando novos métodos -máis próximos á psicoloxía que á medicina en si- no trato ós enfermos, o que o levou a ser considerado non exactamente como un doutor, senón como un "curador", como o definía Domingo García-Sabell. A súa obra é obxecto de diversos estudos.
Obras
editarEntre os seus ensaios destacan títulos como Entre el silencio y la palabra (1957), Violencia y ternura (1967), Signos en el horizonte (1972) ou Los duendes del Prado (1990).
En 1957 publicou Mito e realidade da Terra Nai. Tamén colaborou activamente na revista Grial, con numerosos artigos.
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Colectivas
editarPor favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Recoñecementos
editarMalia o respecto que lle mostraban os seus contemporáneos intelectuais -como José Ortega y Gasset, que cualificou a súa obra de "volumen catedralicio"[Cómpre referencia]-, tan só nos últimos anos da súa vida comezou a recibir recoñecemento, ó ser nomeado membro da Real Academia de Medicina e da Real Academia Española.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xoán Rof Carballo |
Biografía
editar- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- "Xoan Rof Carballo" Gran Enciclopèdia Catalana (en catalán).
- Aparisi, Luis M. (2016). Gallegos en la Real Academia Española (PDF) (en castelán). Asociación Cultural da Vieira.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán). Bibliófilos Gallegos.
- Díaz-Rubio García, Manuel. Diccionario Biográfico Español. Real Academia de la Historia (en castelán).
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. ISBN 84-7492-465-0.