O corso[2] (corsu, /ˈkɔrsu/) é unha lingua románica, falada polo pobo corso que habita na illa de Córsega. Tamén é falado en Gallura, Sardeña (Italia). Posúe fortes similitudes co italiano e en particular con dialectos da Toscana. Constitúe unha lingua polinómica[3], conformada por dúas grandes variedades, a cismontana que se fala na zona nororiental de Córsega e que sufriu un forte proceso de toscanización e a ultramontana, que conserva características arcaizantes.

Corso
Corsu
Pronuncia:[ˈkɔrsu]
Falado en: Córsega e norte de Sardeña
Total de falantes: 100.000-400.000
Familia: Indoeuropea
Itálico
Latino-falisca
Latín
Románica
Románica oriental
Italo-románica
Corso
Escrita: Alfabeto latino (alfabeto corso)
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Non é ningún sitio
Regulado por: Non está regulado
Códigos de lingua
ISO 639-1: co
ISO 639-2: cos
ISO 639-3: cos
Mapa
Status

O corso está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

Segundo a clasificación da UNESCO, a lingua corsa encóntrase en perigo de extinción[4].

Notas editar

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. Definición de corso, -sa no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  3. Jean Baptiste Marcellesi Pratiques dialectiques. Cahiers de linguistique sociale 17. Université de Rouen, 1990, pp 53-55
  4. Salminen, Tapani (1993-1999). "UNESCO Red Book on Endagered Languages: Europe:" (html). Consultado o 2008-06-13. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar


 
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.