Xoán Neira Cancela
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Xoán Neira.
Xoán Neira Cancela, nado en Vigo o 22 de maio de 1849 e finado en Ourense o 23 de setembro de 1909, foi un militar, escritor e xornalista galego.
Xoán Neira Cancela | |
---|---|
![]() Xoán Neira Cancela, retrato en Vida Gallega, 1909. | |
Nacemento | 22 de maio de 1849 |
Vigo | |
Falecemento | 23 de setembro de 1909 |
Ourense | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | militar, xornalista e escritor |
Xéneros | Poesía, prosa e ensaio |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Foi redactor de El Meteoro de Vigo en 1867, fundou en Ourense os periódicos Galicia Literaria (1883) e Galicia en Caricatura (1889), e colaborou en El Eco de Orense, La Pequeña Patria, La Tertulia, La Concordia, El Trabajo, Follas Novas, Galicia, Galicia Moderna, Galicia Recreativa e La Actualidad. Publicou en Galicia Humorística unha sección titulada "Tipos de Orense" na que se ocupa de persoeiros curiosos como Xan da Coba ou Paco Roque. Foi membro correspondente da Real Academia da Historia e cronista de Ourense (1907-1909).
ObrasEditar
PoesíaEditar
- Ecos del campamento, 1876.
- Preludios, 1880.
ProsaEditar
- El ahorcado, 1879.
- Caldo Gallego, 1889, Biblioteca Gallega.
- Programa de los ángeles, 1890.
- Los juegos florales de Orense, 1901.
- Montaña de Orense, 1905 (con prólogo de Emilia Pardo Bazán).
EnsaioEditar
- La morriña, 1907.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xoán Neira Cancela |
BibliografíaEditar
- Narradores ocasionais do século XIX (Relato breve) (PDF). Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro. 2003. pp. 249–250. ISBN 84-453-3736-X. Consultado o 10 de novembro de 2013.
Ligazóns externasEditar
- "Autor: Neira Cancela, Juan". Galiciana.
- "Neira Cancela, Juan". Real Academia Galega. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 27 de febreiro de 2016.