Galicia Moderna (Pontevedra)
revista galega
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Galicia Moderna.
Galicia Moderna foi unha revista editada en Pontevedra entre 1897 e 1898.[1]

"O tío Miseria", de Enrique Labarta, nas páxinas de Galicia Moderna.
Historia e característicasEditar
Subtitulada Revista mensual ilustrada, apareceu o 1 de maio de 1897. Presumiblemente de propiedade colectiva nun principio, pasou a mans de Xerardo Álvarez Limeses que tamén era o redactor xefe, e dende abril de 1898, do director Enrique Labarta Pose. Entre os seus colaboradores estaban Lamas Carvajal e Lisardo Barreiro. Tentaba converterse nun álbum artístico e literario, no que se ofrecera información sobre as paisaxes, as lendas, os costumes, as tradicións e as festas populares de Galicia. Ademais, incluíu textos literarios e poesías, xunto con datos biográficos de destacados escritores galegos. Cesou a súa edición o 15 de xullo de 1898 co número 30.
NotasEditar
- ↑ Vilavedra, D., ed. (1997). Diccionario da Literatura Galega. II. Publicacións periódicas. Galaxia. pp. 233–234. ISBN 84-8288-137-X.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Galicia Moderna |
BibliografíaEditar
- Durán, José Antonio (2005). "Galicia Moderna". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
Outras ligazónsEditar
- Real Academia Galega (ed.). "Galicia moderna : revista quincenal ilustrada / Pontevedra / 1897 - 1898". www.academia.gal. Consultado o 5-9-2018.