Lisardo Barreiro

farmacéutico, xornalista e escritor galego

Lisardo Rodríguez Barreiro, máis coñecido como Lisardo Barreiro, nado en Noia o 7 de xaneiro de 1862 e finado en Vilagarcía de Arousa o 14 de maio de 1943, foi un farmacéutico, xornalista e escritor galego.

Modelo:BiografíaLisardo Barreiro

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de xaneiro de 1862 Editar o valor en Wikidata
Noia, España Editar o valor en Wikidata
Morte14 de maio de 1943 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfarmacéutico Editar o valor en Wikidata
Membro de

BNE: XX1199155 BUSC: barreiro-lisardo-1862-1943
Necrolóxica en El Ideal Gallego.

Traxectoria

editar

Estudou farmacia e medicina en Santiago de Compostela, e alí iniciou a súa actividade xornalística fundando, con Alfredo Brañas e outros, o periódico El Ciclón e posteriormente o semanario El Tricornio, do que foi director. Despois pasou a Ferrol, onde dirixiu El Correo Gallego, e foi redactor de La Voz de Galicia, El Clamor del País, El Clamor de Galicia, La Cítara. Trasladouse a Madrid onde proseguiu o seu labor xornalístico, e en 1885 volveu a Galicia como inspector sanitario. Pouco despois estableceuse como farmacéutico en Vilagarcía de Arousa. Dirixiu El Rivereño de Ribeira (1892) e Mi Tierra de Vilagarcía (1897). Ingresou na Real Academia Galega o 22 de abril de 1939.[1]

É autor do libro de poemas Muestras sin valor (1884), da recompilación de reportaxes Esbozos y siluetas de un viaje por Galicia (1890, Biblioteca Gallega), do libro de poemas Escumas e brétemas (1923) e dunha autobiografía titulada Evocaciones. Escribiu tamén traballos de carácter científico, entre os que sobresaen El virrey de los metales, La esencia de trementina, El mildew e Riquezas olvidadas.

En 1897 publicou o folleto en verso El soldado gallego, premiado no Certame Literario de Lugo e escrito no marco da Guerra hispano-estadounidense.[2] A obra reeditouse en novembro de 1936 no marco da guerra civil española, e entón o autor publicou tamén o folleto en verso Resposta, no que dá razón da denominación de "mariscos" para os soldados galegos.[3]

  1. "Lisardo Rodríguez Barreiro". Real Academia Galega. 
  2. "El soldado gallego". Galiciana. 
  3. "Publicaciones: "El soldado gallego"". El Pueblo Gallego. 17 de novembro de 1936. p. 5. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar