Arturo Vázquez Núñez
Arturo Vázquez Núñez, nado en Ourense o 15 de novembro de 1852 e finado na mesma cidade o 2 de marzo de 1907, foi un polígrafo ourensán especialista en Historia e Arqueoloxía.
Arturo Vázquez Núñez | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 15 de novembro de 1852 |
Ourense | |
Falecemento | 2 de marzo de 1907 |
Ourense | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | mestre, funcionario, escritor, cronista, xornalista e autor |
Estudos | Medicina |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Estudou Medicina en Santiago de Compostela aínda que abandonou en 1871. Ao ano seguinte pasou a traballar como oficial no Ministerio de Graza e Xustiza sendo ministro o galego Montero Ríos. De volta en Ourense en 1887 incorpórase ao claustro do Instituto como profesor de francés ata 1891.
Pertenceu á xeración de Valentín Lamas Carvajal (nacido en 1849) e Manuel Curros Enríquez (nacido en 1851) cos que mantivo estreita relación. Formou parte do faladoiro do Museo de Ourense xunto a Benito Fernández Alonso, Marcelo Macías, Manuel Martínez Sueiro e outros.
Publicou a maioría dos seus traballos de investigación no Boletín da Comisión Provincial de Monumentos Históricos e Artísticos de Ourense. Tivo unha grande influencia na formación intelectual dos membros máis destacados da Xeración Nós, pois sendo un destacado bibliófilo, puxo a súa extensa biblioteca da rúa de San Fernando (hoxe Irmáns Villar) á disposición dos estudosos da cidade.
Tamén escribiu para xornais como O Tío Marcos da Portela e El Heraldo Gallego fundados por Valentín Lamas Carvajal en 1874 e 1876 respectivamente. Foi cronista da cidade de Ourense (1893-1907)[1] e mesmo tenente de alcalde, académico correspondente da Real Academia da Historia, socio de mérito da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra, ademais de membro fundador da Real Academia Galega.
ObraEditar
- Gramática francesa elemental (1891)
- La Arquitectura cristiana en la provincia de Orense durante el período medieval (1894)
- La ex-colegiata de Junquera de Ambía (Boletín da Comisión Provincial de Monumentos, 1900)
- Un sarcófago cristiano del siglo V (Boletín de la Real Academia de la Historia, 1903)
- Iglesias románicas de la provincia de Orense (Boletín de la Real Academia de la Historia, 1907)
NotasEditar
- ↑ "Ourense permanece sin cronista oficial desde el año 2009, fecha de la muerte de López Morais". Faro de Vigo (en castelán). 2 de maio de 2018.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Ramón e Fernández-Oxea, Xosé (1952). Arturo Vázquez Núñez e o seu tempo. Conferencia lida no Centro Gallego, de Madrid, co gallo do Centenario do seu nacemento o día 15 dos Santos de 1952. Vigo: Edicións Monterrey.
Predecesor: - |
Cronista de Ourense 1893 - 1907 |
Sucesor: Xoán Neira Cancela |