Galicia Humorística
Galicia Humorística foi un periódico rexionalista que se publicou en Santiago de Compostela en 1888.
Galicia Humorística | |
---|---|
![]() | |
País | España |
Lugar | Santiago de Compostela |
Lingua | lingua castelá e lingua galega |
Fundación | 1888 |
Primeira edición | xaneiro de 1888 |
Última edición | agosto de 1888 |
Descrito por | Diccionario da literatura galega, Enciclopedia Galega Universal e Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarSubtitulado Revista quincenal de costumbres, cuentos, agudezas, anécdotas y tipos gallegos (...) y geroglíficos, tiña unha periodicidade quincenal. O primeiro número apareceu o 15 de xaneiro de 1888. Estaba dirixido por Enrique Labarta Pose, e contou con colaboracións de Alfredo Brañas, Antonio de la Iglesia e Manuel Amor Meilán. Cesou a súa edición no mes de agosto de 1888. Foi continuado en 1890 por La Pequeña Patria.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Galicia Humorística |
Bibliografía
editar- "Galicia Humorística". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Durán, José Antonio (2005). "Galicia Humorística". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. p. 231. ISBN 84-8288-137-X.