La Pequeña Patria

revista publicada en Santiago de Compostela entre 1890 e 1891

La Pequeña Patria foi unha revista publicada en Santiago de Compostela entre 1890 e 1891.

La Pequeña Patria, Santiago, 30 de decembro de 1890, n.º 6.

Historia e característicasEditar

Subtitulada Revista decenal de literatura, ciencia y artes, foi a continuadora de Galicia Humorística, pero cun ton máis rexionalista. O primeiro número apareceu o 10 de novembro de 1890. Saía cada dez días. Estaba dirixida por Enrique Labarta Pose e José Tarrío García. Entre os seus colaboradores estaban Antonio de la Iglesia, Manuel Murguía, Xoán Neira Cancela e Benigno López Sanmartín. Ademais de artigos rexionalistas, publicou biografías de galegos distinguidos, poemas e relatos. Cesou a súa publicación o 28 de novembro de 1891.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar