La Actualidad foi un periódico editado en Pontevedra en 1895.

La Actualidad

Editar o valor em Wikidata
LocalidadePontevedra
Na rede
Galiciana: 9014
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Subtitulado Diario de Pontevedra que cambiou por Diario Liberal Conservador a partir do número 51, apareceu o 18 de xullo de 1895. Veu substituír a La Lealtad Gallega. Estaba administrado por Cándido Calvete. Publicou poemas de Manuel Martínez González, Francisco María de la Iglesia, Manuel Curros Enríquez e Valentín Lamas Carvajal. Apareceu tamén un artigo anónimo sobre o gaiteiro de Ventosela. A sección "Postres" contén cancións e contos en galego de Xoán Neira Cancela, Manuel Murguía, Jesús Muruais e Marcial Valladares e outros sen asinar. En castelán apareceron poemas de Enrique Labarta Pose, Salvador Golpe e Javier Valcarce Ocampo. Desapareceu co número 68, o 17 de outubro de 1895.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar