Jesús Muruais
Jesús Muruais Rodríguez, nado en Pontevedra o 24 de decembro de 1852 e finado na mesma cidade o 1 de xullo de 1903, foi un avogado, escritor, xornalista e crítico literario galego.
Jesús Muruais | |
---|---|
![]() Muruais por Mayer, Galicia Humorística, 1888. | |
Nome completo | Jesús Muruais Rodríguez |
Nacemento | 23 de decembro de 1852 |
Lugar de nacemento | Pontevedra |
Falecemento | 1 de xullo de 1903 |
Lugar de falecemento | Pontevedra |
Soterrado | Cemiterio de Santo Amaro de Pontevedra |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | escritor e autor |
Cónxuxe | Carmen Carrillo Falcón [1] |
Fillos | Andrés, Jesús e Soledad |
Irmáns | Andrés Muruais |
Influíu | Valle-Inclán; Said Armesto |
Estudos | Filosofía e Letras |
Profesión | avogado |
Na rede | |
![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Fillo de Juan Muruais, pontevedrés, e Soledad Rodríguez, do Carril, Jesús foi o segundo de tres irmáns. Estudou na Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade Central en 1875. Foi catedrático de instituto en Cáceres, Ourense e Pontevedra, onde ensinou latín. Co seu irmán Andrés frecuentou as reunións da sociedade La Galicia Literaria, que tiñan lugar en Madrid en 1875, na casa da poetisa Emilia Calé. Destacou polo seu labor de crítico literario, sobre todo pola polémica que mantivo con Leopoldo Alas, Clarín. Colaborou en El Deber, El Porvenir, La Ilustración Gallega y Asturiana, El Independiente, El Heraldo Gallego, El Lérez, El Zorongo, El Eco de Orense, O Tio Marcos d'a Portela, Revista Contemporánea, El Heraldo, Galicia Moderna e Barcelona Cómica. Foi propietario dunha gran biblioteca e no seu domicilio celebrábanse parladoiros literarios aos que asistían Ramón María del Valle-Inclán, Víctor Said Armesto e Xerardo Álvarez Limeses.
O personaxe de Jesús Muruais aparece na novela La saga/fuga de J. B. (1972), de Gonzalo Torrente Ballester.
Obras editar
Vida persoal editar
Casou con Carmen Carrillo Falcón-Ribadeneira e foi pai de Andrés, Jesús e Soledad Muruais Carrillo.
Galería de imaxes editar
|
Notas editar
- ↑ Xenealoxía Muruais Arquivado 02 de xuño de 2012 en Wayback Machine. 22/1/2007.
- ↑ Cuentos soporíferos 1874, en Galiciana.
- ↑ Semblanzas galicianas, nueva edición… 1884, en Galiciana.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- "Muruais Rodríguez, Xesús". Diccionario enciclopédico galego universal 43. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 104. ISBN 84-7680-429-6.
- "Muruais Rodríguez, Xesús". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. pp. 15–16.
- "Muruais Rodríguez, Jesús". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Couceiro Freijomil, A. (1952). "MURUAIS RODRÍGUEZ, Jesús". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) II. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 467.
- Vilavedra, D., ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega I. Galaxia. p. 398. ISBN 84-8288-019-5.
Outros artigos editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jesús Muruais |
Ligazóns externas editar
- Ramos González, José Manuel: "Pontevedra decimonónica. Caciques y cultura" 3/8/2011 (en castelán). * hermanosmuruais.blogspot.com.es