Andrés Muruais
Andrés Muruais Rodríguez, nado en Pontevedra o 30 de novembro de 1851 e finado na mesma cidade o 21 de outubro de 1882, foi un escritor e xornalista galego.
Andrés Muruais | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 30 de novembro de 1851 |
Lugar de nacemento | Pontevedra |
Falecemento | 21 de outubro de 1882 |
Soterrado | Cemiterio de Santo Amaro de Pontevedra |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escritor |
Cónxuxe | Emilia Calé |
Irmáns | Jesús Muruais |
Xéneros | Poesía |
Estudos | Medicina e Cirurxía |
Na rede | |
![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Licenciouse en Medicina e Cirurxía na Universidade de Santiago de Compostela en 1874. Co seu irmán Jesús frecuentou as reunións da sociedade La Galicia Literaria, que tiñan lugar en Madrid en 1875, na casa da poetisa Emilia Calé.
Foi un dos impulsores da prensa diaria en Galicia, colaborou cos periódicos La Constancia, El Deber, La Paz, El Porvenir, El Anunciador, El Eco de Pontevedra e El Lérez, foi o responsable de El Urco e fundou en Pontevedra o semanario El Independiente (1881-1882).
Apaixonado por Galicia e considerando que o sistema federativo era o máis conveniente para ela, fundou comités e dirixiu un partido en Pontevedra.
Escribiu poesía en castelán e algúns poemas en galego, e cultivou tamén o teatro e a zarzuela. A súa obra caracterízase polo seu costumismo e imaxinación.
Finou por mor da tuberculose. Foi soterrado no cemiterio de San Amaro de Pontevedra, poucos días despois da súa inauguración.
Obras editar
| ||||
Problemas coa escoita deste ficheiro? Vexa a páxina de axuda. |
- Cantos inarmónicos, 1874 (poesía).
- La hija del timonel, 1878 (teatro).
- Percances de un viejo verde (zarzuela).
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Andrés Muruais |
Bibliografía editar
- García Domínguez, Raimundo (2005). Litoral das Rías, ed. Vida breve de Andrés Muruais. Poio. ISBN 84-933408-3-9.