El Anunciador (Pontevedra)
El Anunciador foi un xornal editado en Pontevedra entre 1877 e 1893.
El Anunciador | |
---|---|
Fundación | 1877 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Pontevedra |
Descrito por | Diccionario da literatura galega, Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada e Enciclopedia Galega Universal |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Traxectoria
editarSubtitulado Diario de noticias, anuncios, e intereses morales y materiales, apareceu 1 de xaneiro de 1877. José María Madrigal foi o seu fundador e propietario. Foron os seus directores: José María Madrigal, a quen sucedeu en 1879 Indalecio Armesto, José Suárez, Juan Manuel Rodríguez, Cosme Fernández Soler, Emilio Couto e José Sequeiros Matos. Foi un xornal de tendencia primeiramente independente, cunha segunda etapa liberal e unha terceira plenamente republicana, sempre ao servizo da democracia e con aversión á monarquía. En xaneiro de 1881 tivo unha denuncia pola súa política liberal, polo que suspendeu a súa publicación, aparecendo para substituílo El Avisador os días que durou a sanción.[1] A partir de novembro de 1879 cambiou de subtítulo por Diario de intereses generales, noticias y anuncios e dende principios de 1885 Diario de Pontevedra. En maio de 1891 o Partido Republicano encargouse da súa redacción e serviulle de voceiro co subtítulo Diario Republicano, que cambiou a Diario republicano progresista cando a principios de 1892 por desavinzas na coalición republicana se fan cargo del os progresistas do partido encabezados por Néstor Pardo Torrentera,[2] aínda que foi José Sequeiros o que ocupou o cargo de director.[3] Cesou a súa publicación en maio de 1893.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- "Anunciador, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Otero Llovo, Javier (2005). "Anunciador, El". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. p. 203. ISBN 84-7492-489-8.
- Vicenti, Alfredo (8-10-1881). "La prensa periódica en Galicia". La Ilustración Gallega y Asturiana (28): 333.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.