Emilio Couto

xornalista galego

Emilio Couto Salcedo, finado en Pontevedra en abril de 1897, foi un xornalista galego.

Emilio Couto
Falecementoabril de 1897
Lugar de falecementoPontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Dirixiu os periódicos de Pontevedra La Constancia, La Crónica del Magisterio e El Anunciador (1890) e foi redactor de El Progreso, El Derecho, La Unión Republicana e Crónica de la Asamblea Pedagógica y Exposición Escolar. Tamén dirixiu en 1880 El Mercado de Madrid, periódico de anuncios en cinco idiomas. Finou en Pontevedra en abril de 1897.[1]

NotasEditar

  1. Diario de Pontevedra, 16-4-1897, p. 3.