Crónica de la Asamblea Pedagógica y Exposición Escolar

Crónica de la Asamblea Pedagógica y Exposición Escolar foi unha revista editada en Pontevedra en 1894.

Crónica de la Asamblea Pedagógica y Exposición Escolar
PaísEspaña
LugarPontevedra
Lingualingua castelá
Fundación1894
Na rede
Galiciana: 9067
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

editar

Subtitulada Propiedad de la Asociación Pedagógica de Maestros de Pontevedra, apareceu en 1894. Creada co obxecto de dar conta da Asemblea Pedagóxica celebrada en Pontevedra do 15 ao 18 de agosto de 1894 e da Exposición Escolar correspondente. Estaba dirixida por José Durán Alonso. Foron os seus redactores Sarah Lorenzana, Emilio Couto, José López Otero e José Juncal Verdulla. Entre os colaboradores figuraron Perfecta Castro, Ramón Míguez Cao, Joaquín Poza Cobas e Manuel Paz Varela. Da parte gráfica ocupouse José Peña. Saíron 10 números.[1]

  1. "Memorias pontevedresas", El Diario de Pontevedra, 17-8-1938, p. 1.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar