Joaquín Poza Cobas
Joaquín Poza Cobas, nado en Pontevedra en 1870 e finado na mesma cidade o 20 de agosto de 1948, foi un xornalista e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1870 Pontevedra, España |
Morte | 20 de agosto de 1948 (77/78 anos) Pontevedra, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, político, libreiro |
Familia | |
Fillos | Joaquín Poza Juncal, Hernán Poza Juncal, Laureano Poza Juncal |
Pai | Laureano Poza Estévez |
Traxectoria
editarEra fillo de Laureano Poza Estévez. Libreiro e impresor, na súa imprenta da rúa Michelena imprimíronse, os Documentos, inscripciones, monumentos, extractos de manuscritos, tradiciones, noticias etc. para la Historia de Pontevedra, de Casto Sampedro (1902), algúns números da revista Nós, regulamentos de sociedades obreiras e periódicos como El Amigo del Pueblo de Vigo. Tiña tamén unha librería na praza Indalecio Armesto.
Vencellado ao movemento republicano de Pontevedra xa a finais do século XIX, en 1900 aparece como administrador do periódico La Unión Nacional portavoz dese movemento. Dirixente do Partido Radical dende os seus inicios, en 1904 foi un dos asinantes da convocatoria ao mitin que Alejandro Lerroux ía dar en Pontevedra. Foi tamén director dos periódicos El Grito del Pueblo, órgano do Partido Republicano, e La Libertad (en 1907 era o seu administrador e, dende 1908, director e propietario, imprimíndose nos seus talleres tipográficos, foi substituído polo seu fillo Joaquín).
Foi un dos asinantes do manifesto dos republicanos galegos á Xunta Directiva da Alianza Republicana en 1928. Socio do Centro Republicano de Pontevedra, militou inicialmente no Partido Radical-Socialista, aínda que se deu de baixa posteriormente. En 1935 ingresa en Unión Republicana.
Casado con Pilar Juncal, irmá de José Juncal Verdulla, entre os seus fillos destacaron Joaquín, Hernán e Laureano Poza Juncal.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Pereira Martínez, Carlos (2004). "A Familia Poza: Un exemplo de republicanismo e librepensamento en Pontevedra" (PDF). Anuario Brigantino (27): 265–312. Consultado o 28 de agosto de 2012.