La Libertad (Pontevedra)
La Libertad, subtitulado en principio Órgano del Partido Republicano de la Provincia e máis tarde Semanario Republicano Radical foi un semanario editado en Pontevedra entre 1906 e 1931.
Traxectoria Editar
Continuou a liña de La Acción. Apareceu o 5 de marzo de 1906. De orientación republicano lerrouxista, o xornal cualifícase como defensor do sistema republicano e da estruturación federal do Estado. Foron os seus directores Celestino Poza Cobas, José Juncal Verdulla (1907), Joaquín Poza Cobas (dende 1908) e Joaquín Poza Juncal (nas últimas épocas). A partir de outubro de 1908 aparece como propietario Joaquín Poza Cobas, que xa era o seu administrador en 1907. Ángel Míguez foi un dos redactores e entre os seus colaboradores figuraron Eusebio Alonso Vieites e Celso García de la Riega. O periódico imprimíase na imprenta de Joaquín Poza Cobas, e tiraba 500 exemplares.
Véxase tamén Editar
Bibliografía Editar
- Pereira Martínez, Carlos (2004). "A Familia Poza: Un exemplo de republicanismo e librepensamento en Pontevedra" (PDF). Anuario Brigantino (27): 265–312. Consultado o 28 de agosto de 2012.