Ángel Míguez
Ángel Míguez González, nado en Tui e finado na Coruña o 18 de setembro de 1961,[1] foi un funcionario e xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Tui, España |
Morte | 18 de setembro de 1961 A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | funcionario , xornalista |
Traxectoria
editarFillo de Matilda Míguez González. Foi funcionario da Xefatura de Obras Públicas de Pontevedra. Foi redactor de La Libertad e formou parte da comisión organizadora do Partido Republicano Radical de Pontevedra,[2] foi redactor de El Diario de Pontevedra e colaborou en Progreso e La Libertad de Madrid.[3] Na Segunda República publicou algún artigo en El Socialista,[4] e foi director de La Idea. Pasou a residir na Coruña cando foi nomeado xefe de Negociado da Xefatura de Obras Públicas da Coruña.
Vida persoal
editarCasou en Pontevedra con Carmen Tapia Pazos en 1906,[5] e foi pai de Enrique, Matilde e Eduardo Míguez Tapia. A súa muller Carmen Tapia finou en 1923,[6] e Ángel volveu casar na Coruña con Concepción de la Iglesia Pardo o 3 de novembro de 1933.[7]