Eusebio Alonso Vieites

avogado e xornalista galego

Eusebio Alonso Vieites, nado en Santiago de Compostela en 1861 e finado en Moaña o 7 de abril de 1939,[1] foi un avogado e xornalista galego.

Infotaula de personaEusebio Alonso Vieites
Biografía
Nacemento1861 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte7 de abril de 1939 Editar o valor em Wikidata (77/78 anos)
Moaña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , xornalista , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Antigo seminarista. Foi redactor xefe de Gaceta de Galicia e El País Gallego, redactor de La Prensa Gallega e foi promotor de El Liberal Compostelano; tivo imprenta propia. Foi director da Cadea da Coruña (1893). Próximo ao socialismo, foi un dos precursores do societarismo proletario compostelán, participou na fundación do Centro Obrero, dirixiu La Voz del Pueblo e sufriu cadea e proceso logo da violenta folga xeral que viviu a cidade en 1898. Foi membro do Centro Republicano de Santiago.

Instalouse en Moaña e en 1900 enfrontouse a Eugenio Sequeiros Matos. Simpatizante do republicanismo radical de Lerroux, foi procesado en 1904 polas súas colaboracións no semanario republicano-federal de Vigo La Lucha. Dende 1906, cando se configurou a liña republicano-radical-lerrouxista en Galicia, colaborou en La Libertad. En 1914, a raíz das escisións que se operan no radical-lerrouxismo de Pontevedra, abandonou o partido e fundou o Partido Radical Autónomo, que ingresou na Conxunción Republicano-Socialista de Pontevedra. Foi organizador e líder principal do agrarismo e o obreirismo de Moaña, creando en 1903 a sociedade La Marina de Moaña, en 1917 era presidente da Sociedade de Agricultores El Porvenir de Moaña e ese mesmo ano foi presidente da Alianza de Cangas, polo que foi procesado con Bernardino González Paz por instigar na folga xeral. En 1917 a Conxunción Republicano-Socialista de Pontevedra propúxoo como candidato á Deputación Provincial. Máis adiante, desconforme co radicalismo das loitas sociais de principios dos anos vinte, moderou as súas posturas políticas achegándose ás teses de Calvo Sotelo. Foi xuíz municipal de Moaña.

Vida persoal editar

Casou en primeiras nupcias con Luísa Mirás Punín e en segundas con Clementina Currás.

Notas editar

  1. Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 8-4-1939, p. 6.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Pereira, Dionisio (2012). Fundación 10 de Marzo, ed. José Pasín Romero: Memoria do proletariado militante de Compostela. Santiago de Compostela. p. 66. ISBN 978-84-939921-0-1. 
  • Pérez Alonso, Bernardo (2007). Eusebio Alonso Vieites (1861-1939) : Su vida su obra. 
  • Santos Castroviejo, Iago; Nores Soliño, Antonio (2005). A Nosa Terra, ed. Historia de Cangas, 1900-1936. Unha ribeira de pescadores. Vigo. pp. 765–766. ISBN 84-96403-74-2.