Bernardino González Paz

avogado, xornalista e político galego

Bernardino González Paz, finado en Pontevedra o 28 de outubro de 1918,[1] foi un avogado e político galego.

Bernardino González Paz
Nacementoséculo XIX
Falecemento28 de outubro de 1918
Lugar de falecementoPontevedra
Causagripe de 1918
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista, avogado e político
FillosSebastián González García-Paz e Daría González García
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Fillo de Sebastián González Rodríguez. Militante do Partido Republicano Radical, do que foi presidente en Pontevedra en 1911, foi elixido concelleiro de Pontevedra en 1909. Colaborou en La Libertad e foi administrador de El Rebelde.[2] Dirixiu a Alianza Mariñeira de Cangas en 1916. Foi procesado con Eusebio Alonso Vieites por instigar na folga xeral de 1917. Foi presidente do Recreo de Artesanos. Foi desterrado a Vigo en 1917 por unha denuncia de Benito Corbal por calumnias nun mitin en 1915. Finou como consecuencia da gripe de 1918.

Vida persoal editar

Casou con Ceferina García Paz en 1907, e foi pai de Sebastián González García-Paz e Daría González García.

Notas editar

  1. El Tea, 3-11-1918, p. 3.
  2. El Progreso, 4-10-1913, p. 1.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Santos Castroviejo, Iago; Nores Soliño, Antonio (2005). A Nosa Terra, ed. Historia de Cangas, 1900-1936. Unha ribeira de pescadores. Vigo. pp. 786–787. ISBN 84-96403-74-2.