Benito Corbal

empresario e político galego

Benito Corbal Estévez, nado en Bora (concello de Mourente) en 1853 e finado en Pontevedra o 18 de marzo de 1926, foi un empresario e político galego.

Infotaula de personaBenito Corbal
Biografía
Nacemento1853 Editar o valor em Wikidata
Bora, España Editar o valor em Wikidata
Morte18 de marzo de 1926 Editar o valor em Wikidata (72/73 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaBora Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
Rúa Benito Corbal de Pontevedra.
 
Necrolóxica en El Progreso.

De orixe humilde. Foi contratista de obras. Fixo toda a parte de cantería do actual Ponte da Barca, construíu o porto de Cangas e promoveu e financiou o cemiterio de Bora. Foi administrador e propietario do balneario de Ponte Caldelas. Urbanizou a rúa Progreso e grazas ás súas influencias conseguiuse cara a 1900 un novo lugar para a celebración das feiras de gando que ata aquel momento se celebraban no Campo de San Xosé, nacendo así a praza de Barcelos.[1][2] En 1894 foi elixido concelleiro en Pontevedra, cargo que ocupou practicamente ata a súa morte. Tamén foi deputado provincial.[2] Ao ano seguinte á súa morte púxoselle o nome de Benito Corbal á Rúa Progreso onde viviu.[2]

Vida persoal editar

Casou con Dolores Souto Villaverde e foi pai de Manuel, Serafina, Elvira, Gerardo, Rogelio e Trinidad Corbal Souto. É avó do artista galego Xosé Conde Corbal.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Bará (7 de xuño de 2020). "Benito Corbal Estévez y "el progreso"". El Español (en español). Consultado o 7 de agosto de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Alonso (25 de abril de 2021). "Quién fue Benito Corbal, el gran creador de empleo de Pontevedra". Diario de Pontevedra (en español). Consultado o 7 de agosto de 2022. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar