Celso García de la Riega

político e escritor galego

Celso García de la Riega, nado en Pontevedra o 26 de agosto de 1844 e finado na mesma cidade o 3 de febreiro de 1914[1], foi un político e escritor galego.

Celso García de la Riega
DelaRiega.JPG
Nacemento26 de agosto de 1844
 Pontevedra
Falecemento3 de febreiro de 1914
 Pontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor e político
CónxuxeCarmen Quiñones Iglesias
FillosCelso García de la Riega Quiñones
Firmacelsogarciadelariega.jpg
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Funcionario da Administración, desempeñou varios cargos administrativos na Habana (1873-1879), e regresou a España, onde tralo triunfo do Partido Liberal foi elixido deputado polo distrito de Cambados (1886), e gobernador civil de León (1888-1890). Foi redactor de La Voz del Pueblo, e colaborador dos xornais El Imparcial e La Correspondencia de España, de Madrid, e de La Voz de Galicia e El Heraldo Gallego. Nomeado membro fundador da Real Academia Galega en 1905, renunciou ó pouco tempo polas súas desavinzas con Murguía, a quen atacou ferozmente desde a prensa[2].

ObrasEditar

Entre as súas obras destacan Galicia Antigua (1904), na que refutou as teses de Murguía sobre a orixe celta da poboación galega, e La Gallega, nave capitá de Colón en el primer viaje de descubrimientos (1899), onde expuxo as súas teorías sobre a orixe galega de Cristovo Colón, e que logo ampliou en Colón español. Su origen y patria (1914).

Vida perosalEditar

Casou con Carmen Quiñones Iglesias e foi pai de Celso García de la Riega Quiñones, que casou en 1913 con María de los Ángeles Álvarez Limeses, e logo do seu falecemento, contraeu segundas nupcias coua súa irmá Carmen Álvarez Limeses.[3]

NotasEditar

  1. Necrolóxica en La Correspondencia Gallega, 4-2-1914, p. 1-2.
  2. Barreiro Fernández, Xosé Ramón (2012). Murguía. Vigo: Galaxia. p. 660. 
  3. Riega, de la (Pontevedra)

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar