La Correspondencia Gallega

xornal pontevedrés

La Correspondencia Gallega foi un xornal editado en Pontevedra entre 1889 e 1917.

Portada da edición do 26 de maio de 1905.

Historia e característicasEditar

Subtitulado Diario de Pontevedra, ten nun principio tendencia conservadora, pero foi evolucionando cara posturas liberais. Estivo dirixido por José Millán e Javier Puig Llamas. Vinculado aos intereses do Marqués de Riestra (José Riestra López), o seu fillo Raimundo Riestra Calderón tamén chegou a dirixilo.

É a segunda época da publicación aparecida na cidade de Pontevedra en 1874.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar