Raimundo Riestra Calderón
Raimundo Riestra Calderón, nado en Pontevedra en 1882 e finado na illa da Toxa o 10 de agosto de 1967, foi un avogado, banqueiro e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1882 Pontevedra, España |
Morte | 10 de agosto de 1967 (84/85 anos) Illa da Toxa, España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Familia | |
Fillos | Antonio Riestra del Moral |
Pai | José Riestra López |
Irmáns | Vicente Riestra Calderón |
Traxectoria
editarFillo primoxénito de José Riestra López, á súa morte en 1923 herdou o título de Marqués de Riestra. Foi xefe de Fomento da provincia de Pontevedra e director do xornal pontevedrés La Correspondencia Gallega.
Comezou a súa carreira política como deputado polo distrito da Estrada, substituíndo a Antonio Aguilar Correa en 1908. Preséntase de novo en 1910 e 1914 polo mesmo distrito, sendo proclamado polo artigo 29 da Lei electoral. En 1917 foi elixido deputado polo distrito de Redondela para cubrir a vacante do seu curmán Francisco de Federico Riestra, e novamente elixido polo mesmo distrito en 1918 e 1919. En 1918 foi nomeado Subsecretario da Presidencia do Consello de Ministros. Foi xerente do Balneario da Toxa tralo cesamento de Rafael Sanz-Diez nos anos corenta ata a súa morte.
Vida persoal
editarCasou en 1907 con María del Moral Sanjurjo, filla de Antonio del Moral López. É pai de Antonio Riestra del Moral.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Xenealoxía Marqueses de Riestra Arquivado 20 de febreiro de 2012 en Wayback Machine.