José Riestra López
José María Riestra López, nado en Pontevedra o 8 de setembro de 1852 e finado na mesma cidade o 17 de xaneiro de 1923, foi un empresario e político galego.
José Riestra López | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | José María Riestra y López |
Nacemento | 8 de setembro de 1852 |
Pontevedra | |
Falecemento | 17 de xaneiro de 1923 |
Pontevedra | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
Fillos | Raimundo Riestra Calderón, Vicente Riestra Calderón e Ignacio Riestra Calderón |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fillo de Francisco Antonio Riestra,[1] á súa morte en 1880 tomou o relevo dos seus negocios. Engrandeceu o patrimonio do pai converténdose no eixo da vida política e económica da cidade e tamén da provincia. A súa fortuna estaba baseada en propiedades territoriais, a fábrica de tellas e ladrillos da Caeira (Poio), a banca Riestra e as xestorías de cobros de foros, entre outros negocios. Foi propietario da illa da Toxa, onde construíu o balneario.
Membro da facción romanonista do Partido Liberal, foi elixido deputado a Cortes polo distrito da Estrada nas eleccións de 1879, 1881 e 1861 (permaneceu no cargo ata 1890), cedendo despois o distrito a Antonio Aguilar Correa. Posteriormente foi elixido senador por Pontevedra (1891-1899) e máis tarde (1900) nomeado senador vitalicio. En 1893 obtivo o título de Marqués de Riestra. En 1895 foi nomeado alcalde de Pontevedra.
Casou con Mencia Pintos, coa que tivo un fillo, Fernando Riestra Pintos. Casou en segundas nupcias con María Calderón Ozores (filla de Vicente Calderón Oreiro), coa que ten sete fillos: Raimundo, Vicente, Francisco, Santiago, Mª Carmen, José Luis e Ignacio Riestra Calderón. Raimundo e Vicente continuaron a carreira política do pai.
Desde a seu pazo na Caeira controlou toda a política provincial. Mostra da influencia do Marqués de Riestra na vida política da provincia de Pontevedra desde finais do século XIX ata os anos 20 do século XX, é a frase “España ten 48 provincias, porque a outra é do Marqués de Riestra”, popular no Madrid oficial da época.
Unha rúa de Pontevedra leva o seu nome e na illa da Toxa hai un busto en bronce que o recorda.
Predecesor: Víctor Mendoza Muñoz |
Alcalde de Pontevedra 1895 - 1896 |
Sucesor: Bernardo López Suárez |
NotasEditar
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
Outros artigosEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José Riestra López |