Eleccións xerais de España de 1914

(Redirixido desde «Eleccións Xerais 1914 en España»)

As eleccións xerais de España de 1914 celebráronse o 8 de marzo, meses antes da Primeira Guerra Mundial, na que España se declararía neutral, baixo sufraxio universal para a elección de 409 deputados, e a forza máis votada foi a coalición das dúas faccións do Partido Conservador, dirixido por Eduardo Dato mentres as dúas faccións do Partido Liberal quedaron bastante lonxe. Tamén se presentou unha Conxunción Republicano-Socialista, que reunía os diferentes partidos republicanos e mais o Partido Socialista Obrero Español. Os Radicais de Lerroux e a Unión Federal Nacionalista Republicana ían en coalición electoral, tras do Pacto de Sant Gervasi, aínda que en Cataluña non conseguiron desbancar a hexemonía da Lliga Regionalista.

Foi elixido Presidente do Congreso o conservador Augusto González Besada e Presidente do Senado Marcelo Azcárraga, falecido en 1915 e substituído por Joaquín Sánchez de Toca Calvo. O xefe de goberno foi Eduardo Dato, pero o 9 de decembro de 1915 dimitiu por diferenzas internas no partido e cedeu o goberno ao conde de Romanones, quen convocaría novas eleccións o 6 de abril de 1916. Durante esta legislatura constituír a Mancomunidade de Cataluña, presidida por Enric Prat de la Riba.

Composición do Congreso dos Deputados tralas elecciónsEditar

Eleccións Xerais en España, 8 de marzo de 1914

Partido Escanos Líder
Conservadores 193 Eduardo Dato e Iradier
Partido Liberal 84 Conde de Romanones
Partido Liberal-Demócratas 38 Manuel García Prieto
Conservadores (mauristas) 22 Antonio Maura
Lliga Regionalista 13 Francesc Cambó
Coalición Unión Federal Nacionalista Republicana-Partido Radical 11 Alejandro Lerroux
Partido Reformista 11 Melquíades Álvarez
Conxunción Republicano-Socialista 10 Roberto Castrovido Sanz
Coalición Comunión Tradicionalista-Integrista 7 Enrique de Aguilera y Gamboa
Conservadores (ciervistas) 5 Juan de la Cierva y Peñafiel
Católicos independentes 5 Joaquín de Arteaga
Partido Republicano Democrático Federal 1 Joaquín Pi y Arsuaga
Partido de Unión Republicana Autonomista (PURA) 1 Félix Azzati Descalci
Nacionalistas republicanos cataláns 1 Francesc Macià
Independentes 5
Sen clasificar 1
TOTAL 408

Resultados en GaliciaEditar

A CoruñaEditar

LugoEditar

OurenseEditar

PontevedraEditar

NotasEditar

  1. Alberto Príncipe Bárcena foi elixido deputado por Lugo o 20/03/1914 e causou baixa o 24/04/1914 e foi dado de alta como deputado por Ourense o 20/06/1914.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar